658 081 269 info@agaexar.gal

Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas

Compartimos con vosotros la publicación en  DOG a ORDE do 9 de xuño de 2021 da CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Podes consultar o plan de rescate no seguinte enlace: Orde do DOG nº 110 do 2021/6/11 – Xunta de Galicia

– Programa I. De apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva: axudas ás persoas traballadoras autónomas e profesionais que tributen polo sistema de estimación obxectiva. Este programa está financiado con 150.000.000,00 €.

  • 1. A axuda concederase por un importe máximo de 3.000 euros cando se trate de empresarios ou profesionais que apliquen no réxime de estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas no ano 2019.

          As cantidades pendentes de pagamento a que se refire o artigo 28 deberán ser de importe igual ou superior á axuda solicitada, de tal xeito que o importe da axuda nunca poderá          ser superior a aquelas.

  • 2. Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán do 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.

        Artigo 31. Solicitudes

  • 1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberanse cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

– Programa II. De apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 mill de € (TR600B). Este programa está financiado con 50.000.000,00 €.

  • Artigo 34. Importe das axudas
  • 1. As axudas, en función da caída do volume de operacións do ano 2020 respecto do ano 2019, concederanse inicialmente polos seguintes importes, sen prexuízo de que resulte aplicable o previsto no artigo 5.2 desta orde, para o caso de que existan créditos sobrantes nalgún programa:
  • a) 6.000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30 % e ata un 60 % .
  • b) 7.000 euros se a caída do volume de operacións é mais dun 60 % e menos dun 70 %.
  • c) 8.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70 % ou máis.
  • A dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a escala seguinte:
  • a) 1.000 euros se teñen de 4 a 9 persoas traballadoras.
  • b) 2.000 euros se teñen de 10 a 20 persoas traballadoras.
  • c) 3.000 euros se teñen de 21 a 25 persoas traballadoras.
  • 2. Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.

– Programa III. De apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C). Este programa está financiado con 34.470.880 euros.

  • 1. As axudas, en función da caída do volume de operacións do ano 2020 respecto do ano 2019, concederanse inicialmente polos seguintes importes, sen prexuízo de que resulte aplicable o previsto no artigo 5.2 desta orde, para o caso de que existan créditos sobrantes nalgún programa:
  • a) 10.000 euros se a caída do volume de operacións está entre mais dun 30 % e ata un 60 % .
  • b) 12.000 euros se a caída do volume de operacións é mais dun 60 % e menos dun 70 %.
  • c) 15.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70 % ou máis.
  • A dita cantidade incrementarase ata 15.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a escala seguinte:
  • a) 5.000 euros se teñen de 26 a 50 persoas traballadoras.
  • b) 10.000 euros se teñen de 51 a 100 persoas traballadoras.
  • c) 15.000 euros se teñen máis de 100 persoas traballadoras.
  • 2. Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.