O Concello de Caldas de Reis abriu unha segunda convocatoria para que as empresas do ámbito forestal e da xardinaria que operan pola zona poidan recibir unha axuda pola contratación de persoas que participaron no obradoiro de emprego os Camiños do Camiño.
O período mínimo de contratación é de 3 meses a xornada completa e as empresa recibirían unha axuda de 1500 euros por persoa.
Envío o extracto da convocatoria que foi publicado no día de hoxe no BOP de Pontevedra.
O prazo está aberto ata o 24 de setembro.
Comentarios recientes