FORMACIÓN PROFESIONAL · FEMXA
Da preparación do solo ao mantemento de xardíns e céspedes, o curso Operacións xerais de xardinaría reúne tarefas que adoitan repartirse entre distintas fases dun servizo. Femxa ofrece 50 horas de formación en liña, totalmente subvencionada, con titoría e sen horarios fixos.
Femxa é entidade patrocinadora da Federación Española de Empresas de Jardinería (FEEJ), coa que mantén o acordo de patrocinio. Desde AGAEXAR, como asociación integrante da Federación, compartimos esta formación coas empresas e profesionais da xardinaría en Galicia.
Un temario para revisar como traballa o equipo
O programa abrangue a preparación do terreo, a identificación de plantas ornamentais, a sementeira, a plantación e o transplante. Tamén aborda o mantemento de xardíns, céspedes e plantas de interior, con atención á seguridade e á protección do medio ambiente.
A formación diríxese a persoas traballadoras por conta allea e profesionais autónomos do sector da xardinaría e dos servizos ambientais. Se estades a planificar a formación do equipo, podedes revisar o temario segundo os servizos que prestades e consultar na ficha de Femxa os requisitos de acceso e a dispoñibilidade de prazas.
Comentarios recientes