ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS DE XARDINERÍA
Un futuro verde, un sector forte
ASÓCIATE
Imaxe profesional
Visibilidade
Rede de empresas
Formación técnica
Ofertas exclusivas
Quen somos
A Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) é a entidade representativa do sector en Galicia.
Desde hai máis de dúas décadas reunimos empresas e profesionais cun obxectivo común: dar voz, fortalecer e impulsar unha xardinería profesional, sostible e con futuro.
Traballamos desde a unión, o compromiso e a colaboración para construír un sector recoñecido, innovador e estratéxico para o futuro do noso territorio.
Vantaxes de formar parte de AGAEXAR
Servizos, apoio e oportunidades
Representación
Defendemos os intereses da xardinería galega ante institucións e organismos.
Beneficios
Formación, convenios e recursos pensados para o día a día das empresas.
Prestixio
Impulsamos a imaxe profesional do sector e das empresas asociadas
Colaboración
Unha comunidade activa que comparte coñecemento e oportunidades.
Proxectos que falan por nós
Iniciativas que impulsan, visibilizan e fortalecen o sector
REVISTA XARDÍN GALEGO
A voz do sector verde galego
Actualidade, proxectos e inspiración:
entrevistas e reportaxes que amosan o
talento e a paixón pola xardinería en
Galicia.
Unha fiestra aberta que conecta
profesionais, empresas e amantes do
verde.
PREMIOS XARDÍN GALEGO
O recoñecemento á excelencia
Unha distinción que pon en valor a
creatividade, o talento e o traballo
profesional no sector da xardinería e o
paisaxismo en Galicia.
A visibilización de actuacións exemplares na execución de proxectos públicos e privados.
VILAS EN FLOR
A aposta pola beleza
Iniciativa de AGAEXAR, Asvinor e a
Fundación Juana de Vega.
O recoñecemento nos concellos galegos de proxectos que poñen en valor a beleza e recursos do noso territorio, mellorando a calidade de vida e preservando o medio ambiente.
Cando a forza común transforma esforzos individuais …
Estamos a sementar o noso futuro
O noso compromiso
Defendemos e fortalecemos o sector da xardinería profesional en Galicia a través da representación, a colaboración e a promoción dunha práctica responsable e recoñecida.
Últimas novidades
Revista Dixital AGAEXAR | Especial Verán 2026
A Revista Dixital AGAEXAR presenta o seu Especial Verán 2026, un número que reúne a actualidade máis destacada do sector verde en Galicia, no ámbito estatal e internacional. Feiras, congresos, innovación, sustentabilidade, novidades empresariais e recursos profesionais nunha edición pensada para seguir impulsando a xardinería e a paisaxe.
DeltaLand 2026 reunirá en Tarragona referentes internacionais do paisaxismo naturalista
DeltaLand 2026 celebrará a súa quinta edición os días 16 e 17 de outubro en Amposta (Tarragona), reunindo destacados especialistas nacionais e internacionais en paisaxismo naturalista, xardinaría sostible e deseño de espazos verdes adaptados ao clima mediterráneo.
Coñecemento, innovación e debate: así serán as Xornadas Técnicas da FEEJ en Iberflora 2026
As Xornadas Técnicas da FEEJ volverán converter Iberflora 2026 nun espazo de referencia para o intercambio de coñecemento e experiencias no sector verde. Os días 6 e 7 de outubro, profesionais, empresas, administracións e especialistas abordarán algúns dos principais retos da xardinería profesional a través dun completo programa centrado na innovación, a sustentabilidade e o futuro do sector.
Por que contratar empresas asociadas?
PROFESIONALIDADE E FORMACIÓN
Empresas actualizadas e comprometidas coa calidade do sector.
SEGURIDADE E RESPONSABILIDADE
Cumprimento normativo, boas prácticas e garantías no traballo.
GARANTÍA E CONFIANZA
Empresas integradas nunha rede que defende e dignifica o sector.
COIDADO E SOSTIBILIDADE
Xestión responsable, respecto polo entorno e prácticas sostibles.
Coidamos ao sector que constrúe beleza e benestar compartido
Falamos?
Estamos aquí para axudarte e acompañarte
Contacto directo con AGAEXAR
Os datos persoais facilitados serán tratados por AGAEXAR coa finalidade de atender a súa solicitude de contacto. Pode exercer os seus dereitos conforme á normativa vixente dirixíndose a info@agaexar.gal
Máis información na Política de privacidade.


