658 081 269 info@agaexar.gal
AGAEXAR

Asociación Galega de Empresas de Xardinería

AGAEXAR é a entidade representativa do sector en Galicia. Desde hai máis de dúas décadas reunimos empresas e profesionais cun obxectivo común: dar voz, fortalecer e impulsar unha xardinería profesional, sostible e con futuro.

Traballamos desde a unión, o compromiso e a colaboración para construír un sector recoñecido, innovador e estratéxico para o futuro do noso territorio.

I Congreso Internacional de Xardinería en Santiago de Compostela

Coñecemento que se comparte

AGAEXAR, como entidade integrante da Federación Española de Empresas de Jardinería (FEEJ), foi entidade patrocinadora en Galicia do encontro organizado pola Federación. O 29 de outubro de 2026, a Cidade da Cultura reuniu empresas, profesionais, especialistas e representantes institucionais para compartir experiencias sobre o futuro dos espazos verdes.

Relatores de varios países compartiron experiencias sobre selección vexetal, adaptación ao cambio climático e deseño e xestión de espazos verdes. O vídeo recolle algúns dos momentos da xornada.

Ler a crónica do Congreso →

Vantaxes de formar parte de AGAEXAR

Servizos, apoio e oportunidades

Representación

Defendemos os intereses da xardinería galega ante institucións e organismos.

Beneficios

Formación, convenios e recursos pensados para o día a día das empresas e das persoas autónomas.

Prestixio

Impulsamos a imaxe profesional do sector e das empresas e entidades asociadas.

Colaboración

Unha comunidade activa que comparte coñecementos e oportunidades.

O noso compromiso

Estamos a sementar o noso futuro

Defendemos e fortalecemos a xardinería profesional en Galicia a través da representación, a colaboración e a promoción dunha práctica responsable e recoñecida.

Dúas persoas plantan xuntas un pequeno brote

Últimas noticias

Ver todas as noticias →