A ASOCIACIÓN
Máis de 20 anos impulsando
a xardinería profesional galega
Un sector con voz propia
En AGAEXAR cremos que a xardinería galega merece unha voz forte, unida e con futuro.
Dende hai máis de dúas décadas reunimos empresas que comparten unha mesma paixón: coidar, transformar e dar vida aos espazos verdes de Galicia.
Fundada en 1999 como asociación independente e sen ánimo de lucro, somos a única asociación representativa da xardinería profesional en Galicia.
A Asociación actúa como interlocutora ante institucións e entidades, defendendo os intereses do sector e promovendo o seu recoñecemento.
Ademais, impulsamos espazos de encontro e colaboración entre empresas, favorecendo o intercambio de coñecemento e a cooperación profesional.
Hoxe seguimos traballando con ilusión e compromiso, convencidos de que a unión fortalece a profesión e constrúe un sector máis sostible, innovador e recoñecido.
A nosa misión
AGAEXAR representa e defende ao sector da xardinería galega, impulsando a súa profesionalización e combatendo o intrusismo.
Facilitamos o acceso a formación, acordos e recursos que melloran o día a día das empresas asociadas e fortalecen a súa competitividade.
Queremos ser unha asociación áxil, útil e próxima, capaz de dar resposta aos retos actuais e de abrir novas oportunidades para quen forma parte dela.
O noso obxectivo é que a xardinería galega acade maior presenza, influencia e prestixio como un sector estratéxico para o futuro do noso territorio.
As nosas áreas de actuación
Aínda que a Asociación mantén abertas diferentes liñas de traballo, estas son algunhas das áreas nas que centramos a nosa actividade.
Defensa e representación do sector
Representamos á xardinería profesional galega ante institucións e entidades, defendendo os seus intereses e promovendo o seu recoñecemento social, económico e ambiental.
Formación e cooperación educativa
Colaboramos con universidades e centros de formación profesional para impulsar a cualificación, a innovación e o relevo xeracional no sector.
Loita contra o intrusismo
Traballamos para combater o intrusismo e promover o exercicio profesional responsable da xardinería, garantindo a calidade dos servizos e a protección das empresas e profesionais do sector.
Xestión sostible dos residuos verdes
Promovemos solucións sostibles e coordinadas para a xestión e valorización dos restos vexetais xerados polas actividades de xardinería.
Profesionalización e normalización
Impulsamos iniciativas orientadas a ordenar, dignificar e fortalecer o sector da xardinería a todos os niveis.
Convenios e mellora das condicións profesionais
Traballamos na procura de solucións e acordos que melloren as condicións do sector, incluíndo a análise de alternativas ao Convenio Estatal de Xardinería e a creación de acordos vantaxosos para os asociados.
Os nosos valores
Profesionalidade
Defendemos unha xardinería baseada no coñecemento, a experiencia e a calidade do traballo.
Colaboración
A unión entre empresas fortalece o sector e permite afrontar mellor os seus retos.