658 081 269 info@agaexar.gal

O pasado fin de semana celebrouse a vixésima edición da Feira de Cultivos do Baixo Miño, que contou durante toda a fin de semana cunha programación ao aire libre renovada e deseñada para goce de todos os públicos. Organizada polo Concello de Tomiño e Acubam, é un escaparate do talento viverista e hortícola que caracteriza a comarca. Diversas temáticas déronse cita na feira, desde o cultivo de bonsáis ao coidado de roseiras ou a elaboración de ramos.

Además, queremos dar a noraboa aos gañadores do premio ao mellor stand por votación popular, que neste caso recaeu na nosa compañeira Sinda Davila Paisaxista.

Mencionar ademais, que Viveiros Nilo alzouse co premio a mellor expositor do xurado experto feminino.

Moitos parabens 👏🏻, en especial a nosa compañeira Sinda!