Con máis de 20 anos de experiencia, Xarcemo Agro está especializada en servizos de xardinería, cerramentos e montaxes, desenvolvendo solucións adaptadas tanto ao ámbito residencial como ao entorno agrícola e rural.
A empresa realiza deseño e mantemento de espazos verdes, instalación de sistemas de rega, formación e coidado de sebes, así como fabricación e instalación de cerramentos en madeira e metal, combinando funcionalidade, resistencia e integración no entorno.
Xarcemo Agro destaca especialmente pola fabricación de cobertizos e estruturas personalizadas para almacenaxe, maquinaria, forraxes, resgardo de animais ou cubertas técnicas, ofrecendo solucións duradeiras e adaptadas ás necesidades de cada cliente. A experiencia no sector agroforestal e o compromiso coa calidade son algúns dos valores que definen o seu traballo diario.