658 081 269 info@agaexar.gal

📍 A Coruña
📞 981 140 875

GONZALO DE SOUZA

 

Gonzalo de Souza é un profesional da xardinería con máis de dúas décadas de experiencia como autónomo na área da Coruña. Formado no CFEA de Guísamo, desenvolveu a súa traxectoria en diferentes empresas do sector antes de iniciar a súa actividade por conta propia no ano 2003.

Apaixoado das plantas e dos espazos verdes, destaca polo seu asesoramento próximo e personalizado, axudando aos clientes a seleccionar as especies máis axeitadas para cada situación e buscando sempre a integración das plantas no seu contorno. Para el, a xardinería é moito máis ca unha profesión: é unha forma de vida baseada no contacto coa natureza, a aprendizaxe continua e a satisfacción de ver medrar os proxectos ao longo do tempo.

O seu traballo caracterízase pola experiencia práctica acumulada ao longo dos anos, o coñecemento das especies vexetais e unha visión da xardinería centrada na funcionalidade, a sustentabilidade e o goce dos espazos exteriores.