658 081 269 info@agaexar.gal
AGAEXAR

Asóciate

Forma parte da rede da xardinería profesional galega.

Quen pode formar parte de AGAEXAR?

Se tes unha empresa de xardinería ou paisaxismo ou traballas por conta propia no sector, podes solicitar a alta. Se a túa empresa está vinculada ao sector verde e non está acollida ao convenio de xardinería, tamén podes incorporarte como empresa socia colaboradora coa mesma cota e acceso ás mesmas vantaxes. A única diferenza é que esta modalidade non dá dereito a voto na asemblea.

Cotas de asociación 2026–2027

O importe mensual depende do número de persoas traballadoras da empresa.

Persoas traballadorasCota mensual
Ata 535 € + IVE
De 6 a 1045 € + IVE
11 ou máis55 € + IVE

O cobro faise a principios de mes.

Como incorporarte a AGAEXAR

Completa os tres documentos de alta e envíanos a documentación a asociados@agaexar.gal.

  1. Paso 1

    Cubre a solicitude de alta

    Podes cubrir o PDF na pantalla e asinalo con certificado dixital ou imprimilo para asinalo a man.

    Descargar a solicitude de alta (PDF)
  2. Paso 2

    Cubre e asina os outros documentos

    Datos persoais e comunicacións (PDF)

    Cubre e asina o documento.

    Mandato de domiciliación SEPA (PDF)

    Se asinas con certificado dixital, envía o PDF por correo electrónico. Se asinas a man, envía o orixinal en papel ao enderezo de AGAEXAR.

  3. Paso 3

    Envíanos a documentación

    Envía os documentos asinados por correo electrónico. Para a ficha do directorio, envíanos unha breve descrición da túa empresa e o seu logotipo en boa calidade.

    Enviar documentación por correo

Quero máis información

Estás a valorar formar parte de AGAEXAR? Cóntanos a que te dedicas e axudámosche a atopar a modalidade que encaixa coa túa actividade.

Empregaremos os datos para responder á túa consulta. Consulta a nosa política de privacidade.