658 081 269 info@agaexar.gal

📍 Cerceda, A Coruña
📞 986 332 672
✉️ lume@lume.aceesca.com

LUME

 

Lume é un Centro Especial de Emprego de iniciativa social da Asociación Aceesca, comprometido co desenvolvemento profesional e persoal das persoas con discapacidade intelectual. A través dos seus servizos de xardinería, produción de planta, limpeza e restauración, crea oportunidades reais de emprego e contribúe á construción dunha sociedade máis inclusiva.

No ámbito da xardinería, desenvolve traballos de deseño e mantemento de zonas verdes, poda e plantación de árbores e arbustos, instalación de sistemas de rega, limpeza e roza de leiras e montes, así como mantemento de instalacións deportivas. Conta ademais cun invernadoiro propio para a produción de planta de tempada, cunha capacidade de ata 60.000 plantas anuais.

O seu principal valor diferencial é o acompañamento personalizado ás persoas con discapacidade intelectual, transformando capacidades en oportunidades reais de emprego con impacto social. Detrás de cada servizo hai persoas preparadas, implicadas e orgullosas do seu traballo, que apostan pola calidade, a confianza e as relacións duradeiras con empresas, administracións públicas e particulares.