ALMACENES SANJURJO
Almacenes Sanjurjo é unha empresa galega con máis de 40 anos de experiencia no sector agrícola, gandeiro e das áreas verdes. Desde as súas instalacións en Cerceda (A Coruña), ofrece unha ampla gama de produtos e servizos dirixidos á agricultura, a xardinería e o mantemento profesional de espazos verdes.
Especializada en asesoramento técnico personalizado, comercializa solucións para rega, fertilización, sementes, fitosanitarios e mantemento de zonas verdes, traballando con marcas de referencia no sector.
Co compromiso, a profesionalidade e a atención próxima como sinais de identidade, Almacenes Sanjurjo consolidouse como unha empresa de referencia para profesionais do sector verde en Galicia.