
Quen pode formar parte de AGAEXAR?
Se tes unha empresa de xardinería ou paisaxismo ou traballas por conta propia no sector, podes solicitar a alta. Se a túa empresa está vinculada ao sector verde e non está acollida ao convenio de xardinería, tamén podes incorporarte como empresa socia colaboradora coa mesma cota e acceso ás mesmas vantaxes. A única diferenza é que esta modalidade non dá dereito a voto na asemblea.
Cotas de asociación 2026–2027
O importe mensual depende do número de persoas traballadoras da empresa.
| Persoas traballadoras | Cota mensual |
|---|---|
| Ata 5 | 35 € + IVE |
| De 6 a 10 | 45 € + IVE |
| 11 ou máis | 55 € + IVE |
O cobro faise a principios de mes.
Como incorporarte a AGAEXAR
Completa os tres documentos de alta e envíanos a documentación a asociados@agaexar.gal.
- Paso 1
Cubre a solicitude de alta
Podes cubrir o PDF na pantalla e asinalo con certificado dixital ou imprimilo para asinalo a man.
Descargar a solicitude de alta (PDF) - Paso 2
Cubre e asina os outros documentos
Datos persoais e comunicacións (PDF)Cubre e asina o documento.
Mandato de domiciliación SEPA (PDF)Se asinas con certificado dixital, envía o PDF por correo electrónico. Se asinas a man, envía o orixinal en papel ao enderezo de AGAEXAR.
- Paso 3
Envíanos a documentación
Envía os documentos asinados por correo electrónico. Para a ficha do directorio, envíanos unha breve descrición da túa empresa e o seu logotipo en boa calidade.
Enviar documentación por correo
Quero máis información
Estás a valorar formar parte de AGAEXAR? Cóntanos a que te dedicas e axudámosche a atopar a modalidade que encaixa coa túa actividade.
Empregaremos os datos para responder á túa consulta. Consulta a nosa política de privacidade.