Desde AGAEXAR compartimos información de interese para o sector sobre novas axudas actualmente dispoñibles en Galicia dirixidas a persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, con prazos de solicitude xa en marcha.
🟢 Programa O teu Xacobeo 2027
Liña de subvencións destinada a proxectos de dinamización e promoción vinculados ao Xacobeo 2027.
Persoas beneficiarias:
Persoas traballadoras autónomas, pemes e agrupacións de persoas físicas ou xurídicas.
Contía:
Ata o 60 % do orzamento subvencionable (ata 25.000 €).
Prazo de solicitude:
Do 26 de marzo ao 25 de abril de 2026.
👉 Documento informativo elaborado por ATA
🟢 Bonos Activa Comercio
Programa de dinamización do consumo no comercio minorista de Galicia mediante a adhesión de establecementos.
Persoas beneficiarias:
Autónomos e pemes con actividade comercial en Galicia que cumpran os requisitos establecidos.
Prazo de adhesión:
Desde o 27 de marzo de 2026 ata o 15 de decembro de 2026, ou ata o esgotamento do crédito dispoñible.
👉 Documento informativo elaborado por ATA
Recoméndase ás persoas interesadas consultar toda a información detallada e os requisitos específicos nos canais oficiais.
Para máis información, pódese consultar a convocatoria ou contactar con ATA (900 10 18 16 – ata@ata.es)
Comentarios recientes