658 081 269 info@agaexar.gal

ENDOTERAPIA VEGETAL

 

Endoterapia Vegetal é unha empresa pioneira na aplicación da técnica de endoterapia, especializada no tratamento de pragas e enfermidades en arborado sen impacto ambiental.

Desde a súa creación en 2004, traballa no desenvolvemento e mellora desta técnica, consolidándose como unha empresa de referencia no sector tanto a nivel nacional como internacional.

A súa actividade abrangue a aplicación de tratamentos, a comercialización de equipos e o asesoramento técnico, así como a investigación e desenvolvemento de solucións máis eficaces para o coidado de espazos verdes, agrícolas e forestais.