
- Este evento ha pasado.
Webinar “O bosque atrapado na cidade”
abril 8, 2021 @ 7:00 pm - 8:00 pm

Dende o proxecto #SonArbore, queremos convidarvos ao noso 5º webminar: “O bosque atrapado na cidade: Biodiversidade e estratexias de conservación”
Nesta ocasión Laura Iglesias e Antonio Ferreirós, ornitólogos e naturalistas, compartirán con nós a riqueza e biodiversidade identificadas nos espazos urbáns. Porque as cidades e as súas contornas periurbanas ocultan infinidade de especies tanto animais como vexetais que nos acompañaron no éxodo dende o rural, e que dalgunha forma foron traídas a este medio polo ser humano. Así, somos responsables da súa conservación e benestar. Recoñecer a estos seres como co-habitantes de pleno dereito das nosas cidades, identificar as súas necesidades e respectalas, é o primeiro paso para a súa conservación.
Ao remata-la sesión (de apróximadamente 45 minutos) poderemos plantexarlles as nosas dúbidas.
- Cando:19:00h xoves 8 de abril 2021
- Onde: Encontrarémonos na canle de Youtube de #SonÁrbore