658 081 269 info@agaexar.gal

📍 Lourizán, Pontevedra
📞 629 945 574
✉️ info@jardineriajara.com

JARA JARDINERÍA

 

Con máis de 30 anos de experiencia no sector, Jara Jardinería está especializada no deseño, construción e mantemento de xardíns e zonas verdes, desenvolvendo proxectos personalizados que combinan funcionalidade, estética e integración coa contorna.

A empresa ofrece servizos integrais de xardinería, incluíndo instalación de sistemas automáticos de rega, tratamentos fitosanitarios, céspede artificial, desbroces e traballos de paisaxismo, apostando por solucións adaptadas ás necesidades de cada espazo e polo uso eficiente dos recursos hídricos.

Jara Jardinería destaca pola súa experiencia en arboricultura e podas de altura, contando con profesionais especializados en traballos sobre árbores de difícil acceso e palmeiras. A calidade, a profesionalidade e o coidado dos detalles son algúns dos valores que definen o seu traballo diario.