658 081 269 info@agaexar.gal

Autor: Juan de Jesus

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz celebra neste 2021 a súa XI edición.

O pasado 15 de maio  abríronse as portas dos  Xardíns da Poesía que, ata finais do mes de outubro, ofertará unha variada exposición de xardíns efímeros.

Á poesía é a temática desta edición do Festival, o cal está localizado nun recinto axardinado as beiras do Río Arnoia de case 40.000 m2 .

Logo da parentese do 2020, o Festival lucirá unha fermosa mostra  de parcelas ideadas por paisaxistas chegados dende Galicia, o resto da península e diferentes puntos  do mundo coma Arxentina, China Italia , Colombia, Portugal ou Alemaña.

Nesta ocasión terán gran protagonismo figuras das  letras coma Rosalía, Pessoa, Federico García Lorca, Machado ou Emily Dickinson entre outros. Tamén estará presente Xela Arias, a homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2021, no xardín dos centros educativos de Allariz.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz é un gran proxecto multidisciplinar que tenta achegar á cidadanía o gusto pola natureza e a paisaxe a vez que tenta concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da súa importancia nos nosos días. Un  espazo ao aire libre onde ano tras ano podemos atopar  10 parcelas en concurso  e desfrutar da parcela dos centros educativos de Allariz e o xardín gañador da última edición (adicada ao cine) “Sé o heroe da túa propia película”que nesta ocasión coincide co fallo da Asociación Española de Xardinería que destaca ao gañador polas súas características conceptuais, botánicas e de sostenibilidade.

Ademais neste 2021 dende o concello pretendese que todo Allariz respire poesía, pondo en marcha varias iniciativas. Por un lado un concurso de escaparates no comecio local no que a poesía e a xardinería son os temas principais a integrar. Por outra banda a semana que ven, comezará unha acción promocional ca hostalería, por medio de azucariños  ca imaxe do festival e cun poema  do poeta allaricense Carlos Da Aira, que se servirá en todos os establecementos da vila.

Do mesmo xeito , estase a valorar unha serie de activadades no recinto do Festival, coma un lugar máis  para a celebración de actividades culturais  ata o seu peche en outubro, tanto as relacionadas coa poesía coma con outras disciplinas coma a música ou a danza.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad