658 081 269 info@agaexar.gal

PROTECCIÓN VERDE

 

Protección Verde é unha empresa de Carballo especializada na subministración e no asesoramento técnico para profesionais da xardinaría, o mantemento de zonas verdes e o céspede profesional. Traballa con empresas de xardinaría, responsables de mantemento, instalacións deportivas e administracións, ofrecendo solucións para a implantación, a nutrición, a conservación e a mellora dos espazos verdes.

Con produtos de fabricantes internacionais de referencia, o seu obxectivo é achegar algo máis que a subministración: asesorar cada profesional na elección da solución e do programa de mantemento máis axeitados segundo o tipo de céspede, o uso, a época do ano e o nivel de esixencia de cada espazo verde.