658 081 269 info@agaexar.gal
Ás veces a natureza tamén marca os tempos 🌧️🌱
A previsión meteorolóxica obrigou a aprazar a XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño, pero a cita xa ten novas datas e así, do 22 ao 24 de maio volve cun programa cheo de actividade, inspiración e encontro arredor do sector verde.

Do 22 ao 24 de maio, Goián volverá converterse nun espazo de referencia para profesionais, empresas e persoas apaixonadas pola xardinería, o viveirismo, o paisaxismo e a horticultura.

A XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño manterá unha programación ampla e dinámica con exposición profesional, mercado de primavera, conferencias, obradoiros prácticos, música en directo e actividades divulgativas pensadas para conectar o sector coa sociedade.

Entre os grandes nomes desta edición destacan Íñigo Segurola e Nuska Chousa, nun programa que aposta pola divulgación, a innovación e o intercambio de coñecemento arredor do mundo verde.

AGAEXAR estará presente con expositor propio, compartindo espazo con empresas, entidades e profesionais nun encontro que continúa consolidándose como unha das citas máis importantes do sector en Galicia.

Porque ás veces hai que mover as datas… para que todo o demais poida florecer 🌿

📄 Xa está dispoñible o programa actualizado completo da feira: