Actualidade de AGAEXAR e do sector
Recollémos aquí algunhas das principais novidades de actualidade relacionadas co sector da xardinería e coa actividade de AGAEXAR.
AGAEXAR participará na XXI Mostra de Cultivos do Baixo Miño 2026
AGAEXAR estará presente na XXI Mostra de Cultivos do Baixo Miño, un encontro clave do sector verde en Galicia que se celebrará do 8 ao 10 de maio en Goián. A feira volverá reunir empresas, profesionais e entidades nun espazo de referencia para a innovación, o intercambio e a conexión no ámbito da xardinería e do viveirismo.
Organizada por acuBam en colaboración co Concello de Tomiño, esta edición contará cunha programación diversa que combina exposición profesional, actividades divulgativas e obradoiros prácticos, consolidándose como unha cita imprescindible para o sector.
O Campionato Nacional de Trepa de Árbores 2026 reúne en San Sebastián ao sector arborista
San Sebastián converterase no epicentro da arboricultura a nivel estatal coa celebración do Campionato Nacional de Trepa de Árbores 2026, que terá lugar entre o 29 de abril e o 2 de maio, reunindo a profesionais, empresas e persoas especializadas no coidado do arborado.
O evento combinará competición, formación e espazos de encontro profesional, poñendo en valor a técnica, a seguridade e o alto nivel de especialización que require o traballo en altura, así como a importancia da arboricultura no sector verde.
O sector verde tamén se constrúe en Europa: o papel da ELCA
No marco da colaboración a nivel europeo, desde AGAEXAR compartimos unha análise da ELCA sobre o papel do sector verde nas institucións europeas e as principais liñas de traballo que marcarán o seu desenvolvemento a medio e longo prazo.
Entre os aspectos destacados atópanse a restauración da natureza en contornos urbanos, a adaptación ao cambio climático, a innovación ligada á bioeconomía e a necesidade de reforzar a formación profesional, poñendo de manifesto a importancia dun sector organizado e con presenza nos espazos de decisión europeos.
Outras novidades de interese no ámbito do sector a nivel estatal e internacional:
Interprofesional de flores e plantas: o sector avanza na súa creación
O sector de flor e planta ornamental en España continúa avanzando na creación dunha futura organización interprofesional, impulsada por FEPEX, coa previsión de solicitar a súa aprobación ao Ministerio ao longo de 2026. Trátase dunha ferramenta clave para reforzar a promoción, a competitividade e a coordinación entre os distintos axentes do sector.
Diferentes entidades e profesionais coinciden en sinalar o seu potencial para impulsar accións conxuntas, especialmente en promoción e defensa dos intereses do sector, aínda que tamén existen debates sobre o seu funcionamento e o impacto que podería ter na toma de decisións.
Spoga+Gafa 2026: cita internacional do sector en Colonia
A feira internacional Spoga+Gafa celebrarase do 22 ao 24 de xuño en Colonia (Alemaña), reunindo profesionais de todo o mundo nun dos principais encontros do sector da xardinería, o paisaxismo e o equipamento verde.
Durante tres días, o evento converterase nun punto de encontro clave para descubrir tendencias, innovacións e novas oportunidades de negocio, consolidándose como a maior feira internacional de estilo de vida de xardín e un referente para os profesionais do sector.
Vantaxes para as persoas asociadas a AGAEXAR
Ser parte de AGAEXAR permite acceder a diferentes vantaxes e acordos que contribúen a mellorar a competitividade e o día a día das empresas do sector.
Entre eles, destaca o convenio de colaboración con Estudio Dehesa de la Jara, referido ao software Landscape3Design, unha ferramenta especializada no deseño de xardinería e paisaxismo que permite traballar en 2D e visualizar os proxectos en 3D de maneira simultánea.
Deseño profesional e visualización avanzada
Landscape3Design facilita a creación de proxectos completos con elementos como vexetación, patios, estanques ou mobiliario exterior, permitindo presentar propostas máis atractivas e detalladas aos clientes.
A ferramenta inclúe unha ampla biblioteca de plantas e obxectos en 2D e 3D, así como opcións de renderizado e creación de presentacións en alta definición, converténdose nun recurso de gran valor para mellorar a calidade e a presentación dos proxectos.
As empresas asociadas poden beneficiarse dun prezo especial na adquisición de licenzas, previa identificación como membros de AGAEXAR.
Novidades de empresas colaboradoras
As empresas colaboradoras de AGAEXAR continúan achegando contidos e novidades de interese para o sector. Recollémolas nesta sección.
RAIN BIRD
Webinar: solucións de rego para campos deportivos
Rain Bird organiza un webinar gratuíto centrado no deseño de sistemas de rego para campos deportivos, no que se abordarán as claves para optimizar o rendemento e a eficiencia destas instalacións.
A sesión, cunha duración de 45 minutos, celebrarase o vindeiro 7 de maio en horario de mañá e está dirixida a profesionais do sector, incluíndo instaladores, técnicos, enxeñeiros e responsables de mantemento de zonas verdes e instalacións deportivas.
ICL Everris
Promocións para o coidado profesional do céspede
ICL puxo en marcha unha nova batería de promocións dirixidas a profesionais do mantemento de céspede, combinando solucións técnicas e vantaxes comerciais para facilitar a xestión diaria en campos deportivos e zonas verdes.
Entre as accións destacadas atópase a promoción de QualibraPro, un axente humectante que mellora a penetración e retención da auga no solo, así como o Pack Duo Acción Total, orientado ao control de enfermidades do céspede. A campaña inclúe ademais outras solucións específicas para a xestión da auga, control de pragas e optimización do mantemento.
Hunter
Novo programador MCC: control avanzado para grandes instalacións
Hunter presenta o novo programador MCC, unha solución avanzada e escalable para o control do rego en grandes instalacións, que combina alto rendemento cunha opción accesible para profesionais do sector.
Este equipo permite xestionar amplas zonas sen necesidade de modificar a infraestrutura existente, integrando tecnoloxía probada con novas funcionalidades que melloran o control, a eficiencia e a supervisión do sistema.
Ademais, o MCC ofrece unha gran versatilidade ao adaptarse a diferentes necesidades de instalación, permitindo o control de múltiples estacións, a xestión avanzada do caudal e a integración con distintos sistemas de conexión, tanto convencionais como sen fíos.
Riversa
EGO Power+: solucións para a xardinería municipal sostible
Riversa achega as solucións de EGO Power+, unha gama de ferramentas a batería orientadas ao mantemento profesional de zonas verdes, adaptadas ás novas esixencias da xardinería municipal en materia de sustentabilidade, eficiencia e redución de emisións.
A tecnoloxía de baterías ARC Lithium de 56V permite ofrecer potencia continua e autonomía, facilitando o traballo sen emisións e mellorando a calidade de vida en contornos urbanos.
A marca ofrece diferentes gamas adaptadas ás necesidades de cada usuario, desde solucións para uso profesional intensivo ata opcións máis versátiles para traballos de xardinería, mantendo sempre a mesma tecnoloxía e rendemento. Ademais, o sistema de baterías intercambiables e o deseño ergonómico das ferramentas contribúen a optimizar os recursos e mellorar a produtividade no día a día dos equipos de mantemento.
EMAK GROUP
Nova gama de tractores Bertolini para o mantemento profesional
Emak Group presenta a nova gama de tractores Bertolini, deseñada para ofrecer máxima manobrabilidade, eficiencia e rendemento no mantemento de zonas verdes, tanto en contornos residenciais como profesionais.
Entre as novidades destacan os modelos de radio cero, ideais para traballos en zonas con obstáculos, e a gama Mulcher, orientada a condicións máis esixentes como vexetación densa ou terreos irregulares.
Estas solucións combinan tecnoloxía, potencia e facilidade de uso, permitindo mellorar a produtividade e o control en diferentes tipos de superficie.
Grupo Greens
Maquinaria para a tempada primavera-verán
Grupo Greens presenta unha selección de maquinaria orientada á tempada primavera-verán, con solucións adaptadas tanto a usuarios profesionais como particulares para o mantemento de xardíns e zonas verdes.
Dentro da súa oferta destacan os cortacéspedes Honda, cunha das gamas máis completas do mercado, que combina modelos lixeiros, eficientes e fáciles de manexar con opcións máis avanzadas e robustas, deseñadas para ofrecer un alto rendemento e durabilidade incluso en condicións de uso intensivo. Estas solucións permiten adaptarse a diferentes tipos de xardín e necesidades, garantindo un acabado preciso e profesional.
No ámbito do desbroce, cobran protagonismo as solucións de ECHO, caracterizadas pola súa ligereza e maniobrabilidade, sen renunciar ao rendemento, o que as converte nunha opción eficaz tanto para traballos precisos como para uso profesional continuado.
Recursos de interese para o sector
Comentarios recientes