
Un sector con voz propia
En AGAEXAR cremos que a xardinería galega merece unha voz forte, unida e con futuro. Desde hai máis de dúas décadas reunimos empresas que comparten unha mesma paixón: coidar, transformar e dar vida aos espazos verdes de Galicia.
Fundada en 1999 como asociación independente e sen ánimo de lucro, somos a única asociación representativa da xardinería profesional en Galicia. A Asociación actúa como interlocutora ante institucións e entidades, defendendo os intereses do sector e promovendo o seu recoñecemento.
Ademais, impulsamos espazos de encontro e colaboración entre empresas, favorecendo o intercambio de coñecemento e a cooperación profesional. Hoxe seguimos traballando con ilusión e compromiso, convencidos de que a unión fortalece a profesión e constrúe un sector máis sostible, innovador e recoñecido.

A nosa misión
Defendemos a xardinería profesional galega, impulsamos a súa profesionalización e combatemos o intrusismo. Queremos que se recoñeza o seu valor para o futuro de Galicia.
Apoio no día a día
Facilitamos o acceso a formación, acordos e recursos que axudan ás empresas asociadas a mellorar a súa competitividade.
Unha asociación próxima
Escoitamos as necesidades das empresas para responder aos retos do sector e abrir novas oportunidades de colaboración.
As nosas áreas de actuación

Defensa e representación
Representamos á xardinería profesional galega ante institucións e entidades e defendemos o seu recoñecemento social, económico e ambiental.

Formación e cooperación educativa
Colaboramos con universidades e centros de formación profesional para impulsar a cualificación, a innovación e o relevo xeracional.

Loita contra o intrusismo
Promovemos o exercicio responsable da profesión para defender a calidade dos servizos e protexer a quen traballa no sector.

Xestión dos residuos verdes
Promovemos solucións sostibles para recoller, xestionar e valorizar os restos vexetais da actividade de xardinería.

Profesionalización e normalización
Impulsamos iniciativas que axudan a ordenar a actividade, dignificar a profesión e fortalecer a xardinería galega.

Convenios e condicións profesionais
Estudamos propostas para mellorar as condicións do sector e promovemos acordos que aporten vantaxes ás empresas asociadas.

Os nosos valores
Profesionalidade
Defendemos unha xardinería baseada no coñecemento, na experiencia e na calidade do traballo.
Colaboración
A unión entre empresas permítenos compartir o que funciona e afrontar mellor os retos do sector.
Sostibilidade
Promovemos prácticas responsables que coidan o territorio e o medio ambiente.
Forma parte de AGAEXAR
Se a túa empresa traballa na xardinería ou no paisaxismo, ou se es profesional por conta propia, aquí tes unha rede coa que compartir experiencia e defender os intereses do sector.
Se a túa actividade está vinculada ao sector verde, descubre como formar parte de AGAEXAR como entidade socia colaboradora, colaborar mediante un convenio ou apoiar a asociación a través do patrocinio.