A IV Xornada de Medio Ambiente e Sustentabilidade Urbana que se celebrou onte na Universidade de Trâs-os-Montes- e Alto Douro (UTAD), organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, ANEFA e AGAEXAR, serviu en palabras do director da AECT-GNP, Nuno Almeida, para “reforzar a aposta da Eurorrexión, dende 2017, pola sustentabilidade ambiental urbana e unha oportunidade, dentro do plan de investimentos da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, para presentar candidaturas conxuntas do sector aos próximos proxectos de cooperación transfronteiriza POCTEP/Interreg”.
O director da Agrupación Europea da Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Nuno Almeida, lembrou durante a súa intervención de hoxe en Vila Real que “a AECT Galicia – Norte de Portugal vén apostando dende 2017 pola cooperación transfronteiriza en sectores onde apenas existía hai uns anos, como o Medio Ambiente e a Sustentabilidade Urbana”.
Para Nuno Almeida, “a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión é un verdadeiro axente dinamizador e de conexión para os seus seis millóns de habitantes”. Engadindo que “hoxe podemos afirmar satisfeitos que conseguimos aproximar ás dúas principais asociacións do sector, ANEFA, de Portugal, e AGAEXAR, de Galicia, que hoxe van da man en proxectos, publicacións conxuntas e son un exemplo de boas prácticas no sector, xa que os seus membros participan conxuntamente en publicacións a un lado e outro da fronteira, e en diversos proxectos a nivel europeo”. Tamén insistiu en “a oportunidade que xorde, dentro do plan de investimentos da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, para presentar candidaturas conxuntas do sector aos próximos proxectos de cooperación transfronteiriza POCTEP/Interreg”.
Esta Xornada foi organizada conxuntamente pola AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a Associação Nacional de Empresas Florestais, Agrícolas e do Ambiente (ANEFA) de Portugal, con 9.000 postos de traballo permanente, e un volume de negocio anual superior aos 500 millóns de euros, e a Asociación Galega de Empresas de Xardinaría (AGAEXAR) que representa a 69 empresas. As tres institucións veñen colaborando ininterrompidamente desde 2017, cando se asinou un protocolo de cooperación conxunta, un exemplo de boas prácticas no sector do Medio Ambiente e a Sustentabilidade Urbana.
O evento contou con dous excepcionais ponencias, a primeira titulada “Os bosques urbanos como epicentros de saúde”, a cargo de Mónica Maceiras Rioboó, Enxeñeira Técnica Agrícola en Brigantium Gestión SL, e a segunda “O corredor do río Leça: una infraestructura verde metropolitana”, por Laura Roldão Costa, Arquitecta Paisaxista e Profesora na Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro.
O evento estivo cofinanciado polo proxecto 0457_EGNP_AECT_1_E do POCTEP INTERREG VA
Comentarios recientes