Acceso a vantaxes reais para o sector: o acordo entre a FEEJ e ATA
Nun contexto no que a optimización de recursos e a mellora da competitividade son clave, as empresas do sector da xardinería contan con novas oportunidades grazas á colaboración entre entidades.
Desde servizos de asesoramento e formación ata condicións vantaxosas en distintos ámbitos, o acordo entre a Federación Española de Empresas de Xardinería (FEEJ) e a Federación Nacional de Asociaciones de Trabajadores Autónomos (ATA) permite ás empresas asociadas a AGAEXAR acceder a recursos que permiten optimizar custos e mellorar a xestión empresarial.
👉 Podes consultar toda a información aquí:
https://ata.es/
👉 Consultas xerais:
https://ata.es/formulario-consultas-organizaciones-integradas/
👉 Plan de pensións:
https://ata.es/plan-de-pensiones-autonomos/
⛽ Descontos en carburantes
Un dos beneficios de maior interese na actualidade é o acceso a descontos en carburantes.
Para solicitalos, as empresas asociadas deben enviar un correo a:
📩 solicitudes@ata.es
Indicando o seu interese nas tarxetas dispoñibles (MOEVE, SOLRED ou ambas) e acreditando a súa pertenza a AGAEXAR mediante certificado ou último recibo da asociación.
Este tipo de acordos reforzan o papel das asociacións como motor de apoio real ás empresas do sector, facilitando o acceso a ferramentas e vantaxes que teñen un impacto directo na súa actividade.
👉 Se formas parte de AGAEXAR, xa podes beneficiarte destas vantaxes.
E se aínda non formas parte, este é só un exemplo do valor que pode achegar formar parte da asociación.
Comentarios recientes