658 081 269 info@agaexar.gal

Ambas asociacións veñen de formalizar un acordo de colaboración para compartir actividades

A Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) continúan traballando para unir forzas entre ambos sectores. Ambas as dúas asociacións veñen de formalizar un acordo de colaboración para que as persoas ou empresas socias poidan compartir diferentes actividades.

A presidenta da Asociación de Cultivos do Baixo Miño, Mariví Álvarez; o presidente de Agaexar, Víctor Pérez; e o vicepresidente de acuBam, Emilio Estévez, sentaron as bases deste novo convenio que permitirá ás socias e socios de Agaexar participar nas xornadas de networking e nas visitas de interese sectorial que se organicen dende acuBam.

Por outra banda, a través deste acordo AGAEXAR participará cun stand propio na XVIII Feira de Cultivos do Baixo Miño, que regresa a Tomiño tras a pandemia. Ademais, as e os socios de Agaexar disporán dun 50% de desconto para expoñer nesta feira.