Comunicámosvos que o venres 5 de decembro terá lugar a celebración da ASAMBLEA XERAL ORDINARIA de AGAEXAR.
Terá lugar no Pazo de Goiáns (Lugar Escaris, 1), en Boiro, ás 10:00 h en primeira convocatoria e ás 10:30 h en segunda convocatoria.
As Asambleas son o espazo no que se marca o rumbo a seguir como Asociación, así como os proxectos e liñas de actuación nas que se debe traballar. Por iso, consideramos de vital importancia a vosa asistencia.
A orde do día da Asemblea será a seguinte:
-
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
-
Aprobación das contas 2023.
-
Orzamento 2025.
-
Memoria de actividade.
-
Rogos e preguntas.
De forma paralela, realizarase unha visita guiada ao Pazo de Goiáns e un interesante relatorio técnico sobre “Selección de especies arbóreas para contornas urbanas”, a cargo de Gaspar Bernárdez, doutor en Enxeñaría Forestal e técnico da Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
Agradeceriámosvos que nos comuniquedes á maior brevidade posible a vosa asistencia, co fin de poder organizar todo correctamente e con tempo suficiente.
CONTAMOS CON VÓS!
Comentarios recientes