- Este evento ha pasado.
Elaboración sostible de tepes para xardinería, paisaxismo e restauración ambiental
septiembre 27, 2021 @ 6:00 pm - 7:30 pm
Compartimos información dunha xornada organizada pola Fundación Juana de Vega, o vindeiro 27 de setembro de 2021, por streaming: Xornada técnica de presentación de resultados do proxecto piloto: Elaboración sostible de tepes para xardinería, paisaxismo e restauración ambiental
Entregar unha obra de xardinería coas plantas no seu punto de tamaño e calidade é un reto para xardineiros e paisaxistas; e na medida en que o conseguen son máis competitivos nun mercado esixente. A posibilidade de dispor de estruturas como tepes, xa desenvolvidas, con planta crecida e no punto óptimo para a instalación resolverá en gran medida esta problemática, aumentará as oportunidades de éxito das obras de xardinería e paisaxismo e reducirá os custes de mantemento.
Tanto o proxecto como esta xornada de divulgacióncontan coa axuda para a execución deproxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Data e formato da xornada
27 de setembro de 2021 de 18:00 a 19:30h
A xornada será emitida por streaming
Programa
- 18:00-18:15: Benvida. Iván M. Prado Rodriguez, Xerente de A Man de Prado SLU; Pedro Calaza Martínez, Axente de innovación e Director da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega. Jose Manuel Andrade Calvo, Director da Fundación Juana de Vega
- 18:15-18:35: As soluciones baseadas na natureza no desenvolvemento territorial e no paisaxismo. Pedro Calaza Martínez. Axente de innovación e Director da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.
- 18:35-19:20: Presentación dos resultados do proxecto: Elaboración sostible de tepes para xardinería, paisaxismo e restauración ambiental. Adolfo López Fabal. Profesor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC
- 19:20-19:30: Preguntas
- 19:30: Remate da xornada
Inscrición
Para realizar a súa inscrición na xornada sobre ELABORACIÓN SOSTIBLE DE TEPES PARA XARDINERÍA, PAISAXISMO E RESTAURACIÓN AMBIENTAL é necesario cubrir o seguinte formulario: https://juanadevega.org/ga/linas/escola/formacion/cursosxornadas/elaboracion-sostible-de-tepes-para-xardineria-paisaxismo-e-restauracion-ambiental/