- Este evento ha pasado.
SEGURIDADE NOS TRABALLOS DE ARBORICULTURA: TÉCNICAS AVANZADAS DE TREPA
septiembre 29, 2021 @ 8:00 am - octubre 1, 2021 @ 5:00 pm
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (1 M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14). Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75 % Feader) sobre:
SEGURIDADE NOS TRABALLOS DE ARBORICULTURA: TÉCNICAS AVANZADAS DE TREPA
Os cursos de trepa veñen caracterizados pola ensinanza das diferentes técnicas de trepa, así como todo o material básico a empregar e sempre relacionado
medidas de seguridade e prevención que se deben gardar, ao tratarse de traballos aos que vai asociado un risco alto, ao manexar maquinaria
(motoserras), realizar estes traballos en altura e con material vexetal de elevado peso. Os cursos de traballos en altura nas árbores deben diferenciarse
en principio por niveis, dendo os níveis mais básicos ata as técnicas mais avanzadas, tendo en conta en todo momento a seguridade no traballo. A gran
especialización deste traballo, fai aconsellable a realización de accións formatvas, que preparen a posibeis candidatxs, para adquirir as destrezas
necesarias para a realización desta profesión, coa máxima seguridade, tanto na execución como nas balizacións das áreas de traballo e organización dos
diferentes elementos, materiais e persoal. O CFEA de Guísamo no ano 2018 conseguiu a certicación SELLOARBOLEDA de calidade na formación, relacionadacoa arboricultura ornamental, sendo o primeiro centro do estado en conseguir esta acreditación.
htp://selloarboleda.org/
Asistmos nos últmos anos, a un crecemento dos accidentes laboráis asociados a actvidade forestal, en concreto na tala e apeo de arboredo. A análise do por
que, levaríanos probablemente a supoñer unha falta de capacitación dxs operarixs que realizan estes traballos, en moitos casos trátase de partculares
sen a formación necesario para levar a cabo estas operación, pero igualmente podríamos observar, que dentro dxs profesionais, necesítase un proceso de
capacitación, especialización e contnuo proceso de formación, para levar a cabo traballos con maior carga de diicultade.
Programa:
– Equipo e materiais.
-Valoración da árbore. Perigosidade.
-Nós máis empregados. Aparatos.
-Ascenso DRT
-Ascneso SRT: Rope wrench, zigzag e Akimbo
-Anclaxes basais e en copa.
-Reenvíos.
-Desprazamentos
O curso é gratuito e non require de titulacións previas.
Para INSCRIBIRSE siga as instruccions da ligazón