658 081 269 info@agaexar.gal

Os premios Xardín Galego son un galardón posto en marcha pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería (Agaexar) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería na comunidade autónoma.

 

No presente correo publicamos a acta de valoración das candidaturas presentadas na 2ª edición dos Premios Xardín Galego, realizada por xurado profesional.

 

Candidaturas presentadas:

  • JARDÍN PRIVADO EN BERGONDO (A CORUÑA)

Autor: Anxo Otero Álvarez

  • AJARDINAMIENTO TRASERO DE ADOSADO-AMADA

Autor: Hermosinda Davila Bastos

  • LA BELLEZA DE LAS HOJAS

Autor: Marina Muñoz Orta

  • RECUPERACIÓN DE UN PATIO INTERIOR CON ESTILO ORIENTAL PARA LOS ESCOLARES DE MASIDE

Autor: Rosa Aricia Rodríguez Romero

  • ACONDICIONAMIENTO PAISAJÍSTICO EN MEMORIA DE UN PADRE DE FAMILIA EN LAS LADERAS DE O BOLO (OURENSE)

Autor: Juan Antonio De Jesús González

 

Unha vez realizada a valoración das candidaturas presentadas, o Xurado concede o primeiro e segundo premio as seguintes propostas:

PRIMEIRO CLASIFICADO: JARDÍN PRIVADO EN BERGONDO, autor Anxo Otero, acadando 72 puntos.

SEGUNDO CLASIFICADO: RECUPERACIÓN DE UN PATIO INTERIOR CON ESTILO ORIENTAL PARA LOS ESCOLARES DE MASIDE, autora Rosa Aricia Rodríguez Romero, acadando 60 puntos.

 

Convócase a Anxo Otero (1º clasificado) e a Rosa Aricia Rodríguez Romero (2ª clasificada) ao acto de entrega de premios que terá lugar o vindeiro 23 de decembro as 18:00 h., na seguinte dirección: Bajada Gándara, 6. 36330 Vigo.

 

O Xurado estivo formado por:

Pedro Calaza Martínez, Doutor Enxeñeiro Agrónomo Doutor Arquitecto do Paisaxe pola Universidad de Lisboa, consultor e decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.

Xosé Lois Arenas Barreiro, Enxeñeiro Técnico Agrícola, director do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guisamo (A Coruña) da Xunta de Galicia.

Santiago Lamosa Quintero, Doutor Enxeñeiro Agrónomo e profesor de xardinería e paisaxismo na Escuela Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).

Jaume Alagarda Nacher, presidente da Federación Española de Empresas de Jardinería (FEEJ) e xerente de Sol i Vent Paisatges, S.L.

 

Dende Agaexar, queremos dar a noraboa aos primerios clasificados e agradecer de forma especial a participación de todos os participantes, que fan que estos premios se consoliden no noso sector.

 

ACTA DEL JURADO