658 081 269 info@agaexar.gal

Os premios Xardín Galego son un galardón posto en marcha pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería (Agaexar) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería na comunidade autónoma.

No presente correo publicamos a acta de valoración das candidaturas presentadas na 3ª edición dos Premios Xardín Galego, realizada por xurado profesional, que estivo integrado por:

  • Francisco Marco Rubio, Presidente da Asociación Española de Xardinería Ecolóxica e formador especializado en agroecoloxía e medio ambiente.
  • Santiago Lamosa Quintero, Doutor Enxeñeiro Agrónomo e profesor de xardinería e paisaxismo na Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).
  • José Collazo, Socio fundador e Xerente de Viveiros Rio Tollo (1999), Enxeñeiro Técnico Agrícola (1995) e Asesor técnico de cultivos, responsable de ROPO.
  • Álvaro-Fernando Roca Rodríguez, EnxeñeiroTécnico Agrícola especialidade Mecanización Agraria e Construccións Rurais (Escola Politécnica Superior – Universidade de Santiago de Compostela). Profesor de Enseñanza Secundaria, especialidade Procesos de Producción Agraria.

Dende Agaexar queremos destacar a evolución positiva que están tendo os premios Xardín Galego, xa que poco a poco se van posicionando e implantando no noso sector. Na primera edición participaron tres empresas, na segunda participaron cinco, e na actual han participado oito. As  candidaturas que concursaron nesta edición foron:

  • UNHA NOVA REALIDADE, VIDA NO XARDÍN. Autor: José Luis Souto Piñeiro
  • JARDIN RESIDENCIAL MODERNO EN BASTIAGUEIRO. Autor: Sven Dieter Adler
  • JARDÍN EN RESTAURANTE. Autor: Martín Mirás Brandariz
  • DISEÑO DE JARDÍN EN VILELA (VERÍN, OURENSE). Autor: Rosa Aricia Rodríguez Romero
  • PATIO EN BOUZAS. Autor: Magda Jandová
  • ESTANQUE. Autor: Marina Muñoz Orta
  • JARDÍN PRIVADO EN O GROVE. Autor: Ángel Otero Álvarez
  • JARDÍN VERTICAL EN NUEVA SEDE ZONA FRANCA DE VIGO. Autor: Víctor Mario Pérez Vilar

Unha vez realizada a valoración das candidaturas presentadas, o Xurado concede o primeiro, segundo e tercer premio as seguintes propostas:

  1. PRIMEIRO CLASIFICADO: JARDÍN PRIVADO EN O GROVE, autor Anxo Otero, acadando 108 puntos.
  2. SEGUNDO CLASIFICADO: DISEÑO DE JARDÍN EN VILELA (VERÍN, OURENSE), autora Rosa Aricia Rodríguez Romero, acadando 104 puntos.
  3. TERCER CLASIFICADO: JARDÍN VERTICAL EN NUEVA SEDE ZONA FRANCA DE VIGO, autor Víctor Mario Pérez Vilar, acadando 94 puntos.

O acto de entrega de premios, no que estades todos invitados, terá lugar o vindeiro 15 de febreiro as 12:30 horas, no salón de plenos do Concello de Tomiño, nun acto público que contará coa presencia de Sandra González, Alcaldesa do Concello de Tomiño.

Dende Agaexar, queremos dar a noraboa aos primerios clasificados e agradecer de forma especial a participación de todos os participantes, que fan que estos premios se consoliden no noso sector.

ACTA DEL JURADO