658 081 269 info@agaexar.gal

Despois do éxito de participación nas anteriores edicións, xa temos data para a celebración das III Xornadas de Xardinería Galaico-Portuguesas, organizadas por ANEFA, AGAEXAR e a AGRUPACIÓN EUROPEA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL. A xornada terá lugar o vindeiro 17 de outubro, e nesta edición, as xornadas desplázanse ata Portugal, en concreto, a Ponte de Lima.
A temática está centrada na Sostibilidade e nos Xardíns Públicos, con interesantes ponencias, como “Criterios para a selección do arbolado urbano”, os “Riscos asociados as malas prácticas de poda”, o “Papel das PYMES na xardinería municipal”, ou as “Salidas profesionais no sector da xardinería”.
As xornadas inclúen a visita o Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima e unha comida tipo catering, de balde para todos os asistentes.
A organización tamén pon a disposición dos interesados en asistir, dun autocar que fará o recorrido A Coruña-Santiago-Pontevedra-Vigo-Ponte de Lima.
Para poder asistir as xornadas, é imprescible facer a reserva contactando con Agaexar (data límite 10 de outubro), a través do teléfono 658081269 ou a través do mail info@agaexar.gal
Contamos coa túa participación!!

Programa da xornada:

10.00. RECEPCIÓN AOS PARTICIPANTES
10.15. INAUGURACIÓN INSTITUCIONAL Victor Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Ponte de Lima Graça Fonseca, Sub-Diretora  da AECT da Eurorregião Galicia – Norte de Portugal Corina Porro, Delegada Territorial de la Xunta de Galicia en Vigo Ester Silva, Vice-Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte
10.45. CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DE ARBOREDO NO MEDIO URBANO  Domingos Manuel Mendes Lopes, Diretor do Departamento de Ciências Florestais e Arquitetura Paisagista da UTAD
11.15. COFFEE BREAK
11.45. RISCOS ASOCIADOS ÁS MALAS PRÁCTICAS DE PODA Francisco Rodríguez Trinidad, Biólogo y Gerente de Artec, Técnica Arbórea Gallega
12.15. O PAPEL DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS NOS XARDÍNS MUNICÍPAIS Jaume Alagarda Nacher, Presidente de la Federación Española de Empresas de Jardinería y Gerente de Sol I Vent Paisajes
12.45. SAÍDAS PROFESIONAIS Pedro Serra Ramos, Engº. Silvicultor, Presidente da ANEFA, Diretor de Projetos da Forestfin, Florestas e Afins
13.15. NETWORKING LUNCH
14.30. VISITA AO FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS DE PONTE DE LIMA