658 081 269 info@agaexar.gal

Despois do éxito de participación nas anteriores edicións, e tras un ano complicado que estamos a vivir, os anunciamos a celebración das IV Xornadas de Xardinería Galaico-Portuguesas, organizadas por ANEFA, AGAEXAR e a AGRUPACIÓN EUROPEA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL. A xornada terá lugar o vindeiro 25 de novembro, e nesta edición, as xornadas desplázanse ata Portugal, en concreto, a Vila Real.

A temática está centrada nas Infraestructuras Verdes, con interesantes ponencias, como a que realiza Pedro Calaza “Os Bosques Urbanos como Epicentros de Saúde”, e Laura Roldâo Costa “O Corredor do Río Leça:unha infraestructura verde metropolitana”. As xornadas inclúen a visita ao Xardin Botánico da UTAD (Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro) e unha comida tipo catering, de balde para todos os asistentes.

A organización garantiza o extricto cumprimento das normativas de seguridade, e na comida e na visita ao xardín botánico, realizaránse grupos para manter a distancia de seguridade). A celebración deste evento cumpre as normas de seguridade que establece a Direçâo-Geral de Saúde da República Portuguesa.

As plazas son limitadas, debido a limitación de aforo neste evento. Para anotarse, contactar con Agaexar a través do mail info@agaexar.gal, ou do teléfono 658 081 269.