Noticias
Coñecemento, innovación e debate: así serán as Xornadas Técnicas da FEEJ en Iberflora 2026
As Xornadas Técnicas da FEEJ volverán converter Iberflora 2026 nun espazo de referencia para o intercambio de coñecemento e experiencias no sector verde. Os días 6 e 7 de outubro, profesionais, empresas, administracións e especialistas abordarán algúns dos principais retos da xardinería profesional a través dun completo programa centrado na innovación, a sustentabilidade e o futuro do sector.
Iberflora 2026: a FEEJ impulsa un completo programa técnico na gran cita europea do sector verde
AGAEXAR faise eco da participación da FEEJ en Iberflora 2026, onde a Federación volverá organizar un amplo programa de xornadas técnicas dentro de Ágora Verde. A feira reunirá do 6 ao 8 de outubro en Feira Valencia a profesionais, empresas e institucións do sector verde.
Ata 46.000 € en axudas para cooperativas e sociedades laborais en Galicia
ATA Galicia informa da apertura do programa ES-Transforma 2026, unha liña de axudas que pode alcanzar os 46.000 € para cooperativas e sociedades laborais creadas ou transformadas nos últimos tres anos. Unha oportunidade para impulsar proxectos, modernizar instalacións e reforzar a competitividade empresarial en Galicia.
As empresas asociadas a AGAEXAR accederán a novas oportunidades formativas
FEEJ e Academia del Paisaje asinaron un convenio de colaboración para facilitar o acceso á formación especializada, favorecer a profesionalización do sector e crear novas oportunidades de conexión entre formación e empresa. Como entidade integrada na FEEJ, AGAEXAR informa desta iniciativa, da que tamén poderán beneficiarse as súas empresas asociadas.
EMAK participará en Galiforest ABANCA 2026, a gran cita do sector forestal.
EMAK participará en Galiforest ABANCA 2026, a maior feira forestal de España, onde presentará as últimas novidades de Oleo-Mac, Bertolini e Forestal by Emak. Un encontro de referencia para os profesionais do sector que volverá converter Sergude nun escaparate de innovación, tecnoloxía e xestión sostible do monte.
Así avanza a xardinaría europea da man de ELCA mentres Europa mira cara a Galicia
ELCA continúa impulsando iniciativas europeas vinculadas á formación, a innovación e a sostibilidade. No seu último boletín destacan novas oportunidades de aprendizaxe internacional, proxectos sobre infraestrutura verde e cambio climático, avances en xardinaría ecolóxica e solucións tecnolóxicas para a xestión do arborado urbano, cunha atención especial aos próximos encontros europeos que se celebrarán en Santiago de Compostela.
Citroën ofrece condicións exclusivas para profesionais a través de ATA
Grazas ao convenio de colaboración entre a Federación Española de Empresas de Xardinería (FEEJ) e ATA, as empresas e profesionais vinculados a AGAEXAR poden acceder a novas vantaxes exclusivas, entre elas descontos especiais na gama de vehículos Citroën para autónomos e pemes.
Revista dixital AGAEXAR – Maio 2026
Damos a benvida ao terceiro número da Revista Dixital de AGAEXAR 🌿
Neste mes de maio, os xardíns entran no seu momento de maior esplendor e actividade. Nesta edición recompilamos novas do sector, iniciativas interesantes, formación, innovación e actualidade vinculada ao mundo da xardinería en Galicia. Un espazo pensado para compartir coñecemento, dar visibilidade ao sector e seguir medrando como asociación 💚
Alternativas ao glifosato en zonas verdes: Certis Belchim presenta Katoun® Gold nunha xornada online gratuíta
A xestión sostible das zonas verdes é un dos grandes retos actuais para concellos e profesionais do sector. Certis Belchim organiza este xoves unha xornada online gratuíta centrada en alternativas aos herbicidas químicos tradicionais en áreas verdes.








