658 081 269 info@agaexar.gal
As palmeiras son un elemento habitual en moitos espazos verdes urbanos, pero tamén presentan desafíos específicos no seu mantemento, especialmente no control de pragas.
Neste contexto, Guíaverde, en colaboración con Syngenta, organiza un webinar gratuíto centrado nos novos retos e solucións neste ámbito, dirixido a profesionais do sector.

O mantemento das palmeiras en contornas urbanas non é unha tarefa sinxela. A presenza de pragas, como o picudo vermello, e a necesidade de aplicar tratamentos eficaces dentro dun marco normativo cada vez máis esixente, converten a súa xestión nun reto técnico importante para o sector.

Neste webinar, abordarase precisamente esta realidade dende unha perspectiva práctica, combinando coñecemento técnico e experiencias reais.

Un dos puntos destacados será o caso da cidade de València, onde se explicará de primeira man como se está a afrontar o mantemento das palmeiras, que problemáticas concretas existen e que solucións se están aplicando.

Ademais, o equipo de Syngenta presentará as características e aplicación de Revive II, un produto de endoterapia empregado no control de pragas complexas, así como as súas posibilidades dentro da xestión de zonas verdes.

Outro dos aspectos que se tratarán será o marco regulatorio para o control de pragas en espazos públicos, un tema clave que non sempre resulta claro para os profesionais e que condiciona a toma de decisións no día a día.

O webinar contará coa participación de profesionais e expertos do sector, que achegarán unha visión completa tanto dende o ámbito técnico como dende a experiencia práctica.

📅 Data: 21 de abril
🕓 Hora: 16:00

Se estás interesado/a en asistir, podes consultar toda a información e inscribirte a través do seguinte enlace: