O vindeiro mes de maio, se todo segue o seu curso, está prevista a inauguración da
XI edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
Os operarios municipais do Concello de Allariz están a traballar xa nas doce parcelas que baixo o lema “Os xardíns da Poesía” integrarán a futura edición.
Maila a choiva, a construción ten avanzado sobre todo na realización ,en taller ,das estruturas que se incorporaran ós deseños segundo explica Cristina Cid Alcaldesa de Allariz.
Coma todos os anos o festival irá da man dunha programación. Esta incluirá xornadas ,
actividades e demais eventos que formaran parte da axenda do Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2021 dedicado a poesía, que se viu adiado no 2020 por mor da declaración do Estado de Alarma cando se estaban a acometer as obras.
Os deseños dos xardíns desta XI edición chegan dende Arxentina, Italia, Alemaña, China, Madrid, Colombia ou Portugal ademais dalgunha proposta galega na que compartiran espazo co xardín gañador da edición 2019 ” Se o heroe da túa propia película” do Equipo EMU formado por Elisabeth Stacher,Max Miller e Udo Buttinger. Dentro destes 12 espazos, como vén sendo habitual nas edicións pasadas, contaremos co xardín que deseñen os rapaces dos centros educativos de Allariz.
O festival presentase este ano como o plan perfecto para a nova normalidade, nun espazo ó aire libre de 37.000 m2 para gozar da xardinería e da poesía.
Comentarios recientes