658 081 269 info@agaexar.gal

A semana pasada foron finalmente entregados os Premios Xardín Galego que cada ano conceden a Asociación Galega de Empresas de Xardiñería (AGAEXAR) e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam). A situación de Pandemia non evitou o recoñocemento dos galardonados se ben retrasouse a ceremonia que tradicionalemente tiña lugar durante a Mostra de Cultivos celebrada no mes de marzo.

Os premios Xardín Galego son un galardón posto en marcha pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería (Agaexar) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería na comunidade autónoma.

Un xurado profesional fixo a elección entre cinco candidaturas de alta calidade das presentadas por Anxo Otero e Rosa Aricia Rodríguez Romero.

PRIMEIRO CLASIFICADO: JARDÍN PRIVADO EN BERGONDO, autor Anxo Otero, acadando 72 puntos.

O Xardín privado de Bergondo deseñado por Anxo Otero se caracteriza polo seu deseño e o baixo coste de construcción e mantenemento, baseado en planta local e estacional e cun deseño atractivo.

 

SEGUNDO CLASIFICADO: RECUPERACIÓN DE UN PATIO INTERIOR CON ESTILO ORIENTAL PARA LOS ESCOLARES DE MASIDE, autora Rosa Aricia Rodríguez Romero, acadando 60 puntos.

 

 

Pola sua parte Rosa Aricia Rodríguez destacou a súa satisfacción polo proceso de poder transformar un patio sen atractivo dunha escola nun patio que sirve de aula aberta para os escolares e que ademáis fai a función de paisaxe para as clases colindantes.

Todos os candidatos son exemplos claros da calidade dos paisaxistas galegos que traballan na recuperación e valorización do noso entorno e que contribúen activamente na conservación da nosa tradición e cultura, das nosas paixase e da nosa flora autóctona.

Dende Agaexar e acuBam transmitiuse un ano más a relevancia destes premios, que xa se consolidan, e que son una mostra máis do impacto e relevancia do noso sector de xardinería, paisaxismo e cultivo fundamentado na xeración de emprego, no respeto ao medio ambiente, e a promoción da nosa identidade, entre outros aspectos.

Próximamente lanzarase a convocatoria para os Premios 2020 que sen dúbida nos permitirán disfrutar un ano máis das propostas dos xardíns galegos.