658 081 269 info@agaexar.gal

Desde AGAEXAR organizamos unha xornada formativa centrada na “Selección de especies arbóreas para contornas urbanas“. O evento está programado para o próximo 5 de decembro e se levará a cabo no Pazo de Goiáns, situado en Lugar Escaris, 1, 15992, BOIRO (A Coruña).

A xornada ten como obxectivo ofrecer coñecementos técnicos sobre a elección adecuada de árbores para contornas urbanas, un aspecto crucial para a suntentabilidade e o paisaxismo das cidades.

O relator principal será Gaspar Bernárdez, quen conta cunha sólida formación, sendo Doutor Enxeñeiro Forestal e actualmente Técnico na Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

Programa da Xornada
A sesión se desenvolverá durante a mañán do 5 de decembro:
• 12:00–13:00: Sesión de Formación.
• 13:00–14:00: Visita guiada ao Pazo de Goiáns.

A iniciativa está organizada por AGAEXAR e conta co apoio de varias institucións destacadas: o Concello de Boiro, a Deputación de Pontevedra e a Estación Fitopatolóxica Areeiro.

Inscripción.

AGAEXAR informa ás persoas interesadas que as prazas para esta xornada son limitadas. Para anotarse e asegurar a asistencia, os profesionais e o público xeral deben enviar un correo electrónico ao enderezo info@agaexar.gal, indicando nome e apelidos, empresa e teléfono de contacto.