658 081 269 info@agaexar.gal

A “Consellería de Economía, Emprego e Industria” da Xunta de Galicia, outorgou unha subvención a AGAEXAR para a contratación dun Titulado Superior para o asesoramento a empesas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico do COVID-19.

Esta contratación ten como obxecto dar un maior acompañamento ás empresas que están a sufrir esta importante crise, e está subvencionada a través da Xunta de Galicia e financiada polo FSE, o cal asume a xestión da maior parte do coste da contratación dos oito meses que a Titulada Superior vai realizar para ofrecer este servizo a asociación e as empresas asociadas de Agaexar.

A contratación financiada polo FONDO SOCIAL EUROPEO se engloba no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, aportando a administración un importe de 11.700,00 € para a contratación temporal dunha Titulada Superior Universitaria, que no momento da súa contratación estivese en situación de desemprego e inscrita no Sistema Público de Emprego.

Entre os diferentes escenarios de apoio de esta iniciativa, están o relanzamento comercial, a captación de financiación mediante o incremento de asociados, a transformación dixital e asesoramento tecnolóxico, así como outras materias de naturaleza análoga as anteriores.

O perfil da Titulada Superior contratada é a dunha LICENCIADA EN BIOLOXÍA, quen exercerá as labores sinaladas no punto anterior, para o apoio ó sector empresarial da xardinería, entre os meses de setembro de 2020 e maio de 2021.