A formación continua é clave nun sector en constante evolución como o da xardinaría. Por iso, reunimos varias propostas formativas previstas para este mes de abril que poden resultar de interese tanto a nivel técnico como de xestión.
1. Novos retos no control de pragas en palmeiras urbanas
Webinar gratuíto organizado por Guíaverde en colaboración con Syngenta, dirixido a profesionais da xardinaría e técnicos con responsabilidade en zonas verdes públicas. Aborda o control de pragas complexas, o marco regulatorio e experiencias reais como a da cidade de València.
Data: 21 de abril
Hora: 16:00
2. Arboricultura urbana: claves para evitar problemas desde a raíz
Formación centrada na relación entre arborado e contorna urbana, baixo o título, unha cuestión cada vez máis relevante na planificación e xestión dos espazos verdes, cun enfoque práctico sobre o desenvolvemento das raíces e a súa interacción coas infraestruturas. Terá lugar en Betanzos, no marco do II Encontro de Arboricultura, e será impartida por Josep Selga, biólogo e consultor en arboricultura.
Datas: 28, 29 e 30 de abril
Hora: 08:30 a 14:30
3. Biocidas: tipos e métodos de loita
Formación online 100% subvencionada promovida por FEMXA e difundida pola FEEJ, orientada a ampliar coñecementos sobre o uso de biocidas e os métodos de control.
Duración: 30 horas online
Inicio: sen data pechada / inscripción aberta
4. Obradoiro práctico de publicidade dixital para pemes e emprendedores
Unha proposta útil para mellorar a visibilidade do negocio, captar clientes e coñecer mellor as posibilidades da publicidade online. Trátase dunha formación online e gratuíta, organizada pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Data: 15 de abril
Hora: 10:00
5. Cubertas vexetais en secano: experiencias reais, resultados e claves de éxito
Webinar gratuíto centrado na sustentabilidade e na mellora da saúde do solo a través de experiencias reais. Aínda que está máis enfocado ao ámbito agrícola, pode resultar interesante para profesionais sensibles á xestión sostible do solo.
Esta iniciativa enmárcase nas actividades impulsadas a través do convenio de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e a Asociación Española de Agricultura de Conservación Suelos Vivos (AEACSV), orientado á promoción da Agricultura de Conservación dentro do Plan Estratéxico da PAC.
Data: 15 de abril
Hora: 16:30
Comentarios recientes