Neste número
💡 Preme sobre cada apartado para acceder directamente ao seu contido.
Actualidade de AGAEXAR e do sector
- AGAEXAR será anfitrioa dun gran encontro europeo da xardinería en Galicia
- As Xornadas Técnicas da FEEJ consolidan Iberflora como o gran foro de coñecemento do sector verde
- DeltaLand 2026 volverá a reunir en Amposta aos referentes do paisaxismo mediterráneo
- Barcelona e Lleida acollerán o Congreso Mundial de Infraestrutura Verde 2026
- GaLaBau 2026 amosará as principais innovacións do sector verde europeo
Outras novidades do sector
- Italia impulsa o sector ornamental cunha nova lei e un Plan Nacional específico
- As plantas aromáticas e medicinais contan xa cunha organización interprofesional
- «Conexión Verde» impulsará a sustentabilidade nos centros de xardinería
Vantaxes de formar parte de AGAEXAR
- Cómo acceder aos servizos e vantaxes de ATA
Axudas para o emprendemento feminino: dúas convocatorias de interese en Galicia
- Programa Emega: apoio ao emprendemento feminino en Galicia
- EmprendOU en feminino: axudas para emprendedoras de Ourense
Novidades de empresas colaboradoras
- Certis Belchim · Katoun® Gold: unha solución de orixe vexetal para a xestión sostible das malas herbas
- Emak Group · A automatización do xardín avanza: os robots cortacéspede Oleo-Mac marcan un novo estándar no coidado do céspede
- Grupo Greens · Tecnoloxía para afrontar os retos do verán no mantemento dos espazos verdes
- ICL · Presenta dúas novidades para mellorar a nutrición da planta ornamental
- Rain Bird · Innovación e eficiencia para unha xestión intelixente da augua
- Riversa · A tecnoloxía Soil Scout axuda a monitorizar o céspede en 13 sedes do Mundial de Fútbol 2026
Formación, oportunidades e convocatorias
- Academia del Paisaje · Aínda estás a tempo de incorporarte ao curso de Fotomontaxes Dixitais para Paisaxismo
- Academia del Paisaje · Webinar gratuíto: unha mirada sensible ao diseño da paisaxe con Litoral Paisajismo
- Concurso Internacional de Paisaxismo Iberflora 2026 · Iberflora convoca a primeira edición dos Premios Paisaxista para deseñar o Foro Norte
Actualidade de AGAEXAR e do sector
Recollémos aquí algunhas das principais novidades de actualidade relacionadas co sector da xardinería e coa actividade de AGAEXAR.
AGAEXAR será anfitrioa dun gran encontro europeo da xardinería en Galicia
O I Congreso Internacional de Xardinaría da FEEJ e a celebración do Presidium de ELCA reunirán en Santiago de Compostela a profesionais, empresas e institucións de toda Europa, cun papel destacado de AGAEXAR como entidade anfitrioa en Galicia.
📅 29-31 de outubro de 2026
📍 Santiago de Compostela – Cidade da Cultura
Galicia converterase os próximos 29, 30 e 31 de outubro de 2026 nun dos principais puntos de encontro do sector verde europeo. A celebración do I Congreso Internacional de Xardinaría, organizado pola Federación Española de Empresas de Xardinaría (FEEJ), coincidirá coa reunión do Presidium da European Landscape Contractors Association (ELCA), reunindo en Santiago de Compostela representantes institucionais, empresas, profesionais e expertos procedentes de numerosos países europeos.
Como asociación integrante da FEEJ e entidade anfitrioa en Galicia, AGAEXAR desempeñará un papel activo na acollida das delegacións participantes, contribuíndo á organización desta dobre cita internacional e á promoción do potencial do sector galego da xardinaría e da paisaxe.
Durante tres días, profesionais de diferentes países compartirán coñecemento, impulsarán a innovación e fortalecerán a colaboración internacional arredor da xestión dos espazos verdes, a infraestrutura verde e o paisaxismo.
Un congreso para mirar cara ao futuro
O congreso porá o foco no papel do verde urbano como vector de sustentabilidade e benestar, co obxectivo de crear un foro de reflexión sobre os principais retos aos que se enfronta o sector.
A xornada reunirá profesionais, empresas, administracións públicas, investigadores e especialistas que abordarán cuestións como a adaptación ao cambio climático, a biodiversidade urbana, a sustentabilidade, a conservación do patrimonio vexetal e as novas solucións para o deseño e mantemento dos espazos verdes.
Máis aló do seu contido técnico, o Congreso aspira a converterse nun espazo para o intercambio de experiencias, a creación de alianzas e a difusión de boas prácticas entre profesionais de toda Europa.
Unha oportunidade para Galicia
A coincidencia do Congreso coa celebración do Presidium de ELCA reforza a dimensión internacional da cita e supón unha excelente oportunidade para dar a coñecer Galicia como territorio comprometido coa sustentabilidade, a innovación e a calidade dos seus espazos verdes.
Neste contexto, AGAEXAR contribuirá a mostrar a capacidade das empresas galegas, o traballo que desenvolven os profesionais do sector e o valor do patrimonio paisaxístico da nosa comunidade, favorecendo o intercambio de experiencias con representantes doutras asociacións europeas.
O programa incluirá reunións institucionais, visitas técnicas e percorridos profesionais por algúns dos espazos verdes máis representativos de Galicia, entre eles a Cidade da Cultura, o Parlamento de Galicia, distintos xardíns de Santiago, A Coruña e Oleiros, así como o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, un dos grandes referentes europeos do paisaxismo contemporáneo.
Un escaparate para o sector galego
A celebración conxunta do I Congreso Internacional de Xardinaría da FEEJ e do Presidium de ELCA constitúe unha oportunidade excepcional para reforzar a proxección internacional do sector verde galego, estreitar a colaboración coas principais asociacións europeas e poñer en valor a experiencia das empresas e profesionais de Galicia no ámbito da xardinaría, a paisaxe e a infraestrutura verde.
As Xornadas Técnicas da FEEJ consolidan Iberflora como o gran foro de coñecemento do sector verde
Do 6 ao 8 de outubro de 2026, Feira Valencia volverá converterse no punto de encontro de empresas, profesionais e institucións do sector verde coa celebración dunha nova edición de Iberflora, un dos principais eventos europeos dedicados á xardinería, o paisaxismo, a arboricultura e a infraestrutura verde.
Máis aló da súa dimensión comercial, Iberflora consolidouse como un espazo de referencia para compartir coñecemento, presentar innovacións e analizar os grandes retos que marcarán o futuro do sector.
🎟 Preme no banner para conseguir a túa entrada gratuíta para Iberflora 2026.
A FEEJ volverá liderar o programa técnico
Un ano máis, a Federación Española de Empresas de Xardinería (FEEJ) organizará as súas tradicionais Xornadas Técnicas, que nesta edición se desenvolverán baixo o lema «Soluciones simples a problemas complejos en jardinería».
Integradas no espazo Ágora Verde, as xornadas reunirán profesionais, empresas, administracións públicas, universidades e organizacións do sector para abordar algunhas das cuestións que máis preocupan actualmente á xardinería profesional.
Como asociación integrada na FEEJ, AGAEXAR tamén estará presente nesta edición de Iberflora, participando nas Xornadas Técnicas e nas diferentes actividades profesionais programadas ao longo da feira. A cita constitúe unha excelente oportunidade para reforzar a colaboración co resto de asociacións territoriais, compartir experiencias e continuar dando visibilidade ao sector galego nos principais foros nacionais e internacionais.
Un programa conectado cos retos do presente e do futuro
Ao longo das diferentes sesións abordaranse cuestións de máxima actualidade, como a renaturalización dos espazos urbanos, a xestión eficiente da auga mediante solucións baseadas na natureza, a planificación da arborización urbana, a sanidade vexetal, os retos dos viveiros fronte ao cambio climático e a adaptación das cidades a un escenario climático cada vez máis esixente.
O programa tamén dedicará un espazo destacado á transformación dixital das empresas de xardinería, á aplicación práctica da intelixencia artificial na xestión empresarial, aos retos derivados do novo Convenio Estatal de Xardinería e ao labor de representación institucional que desenvolve ELCA perante as institucións europeas.
Un espazo para compartir coñecemento
As xornadas concluirán cada día con mesas redondas que favorecerán o intercambio de experiencias entre representantes de empresas, asociacións territoriais e persoas expertas do sector, reforzando o carácter participativo dun encontro concibido para compartir solucións, debater sobre os grandes retos da profesión e impulsar novas oportunidades de colaboración.
Moito máis ca unha feira
Ademais da programación técnica, Iberflora volverá combinar exposición comercial, innovación e actividades paralelas orientadas á profesionalización do sector, entre elas os Premios Paisaxista, o Foro de BioProtección Vexetal e numerosos espazos de demostración e divulgación.
Ano tras ano, as Xornadas Técnicas da FEEJ consolídanse como un dos principais espazos de transferencia de coñecemento de Iberflora, contribuíndo a fortalecer o diálogo entre empresas, administracións, persoal investigador e profesionais comprometidos co desenvolvemento de cidades cada vez máis verdes, resilientes e sostibles.
A celebración simultánea de Iberflora e Eurobrico favorecerá, ademais, o encontro entre sectores complementarios e a creación de novas oportunidades de colaboración profesional.
Desde AGAEXAR animamos ás empresas galegas a participar nesta edición de Iberflora e nas Xornadas Técnicas da FEEJ, un espazo privilexiado para coñecer as últimas tendencias do sector, intercambiar experiencias e fortalecer a rede profesional da xardinería galega.
👉 Consulta o programa completo das Xornadas Técnicas da FEEJ e inscríbete de forma gratuita.
DeltaLand 2026 volverá reunir en Amposta aos referentes do paisaxismo mediterráneo
Os próximos 16 e 17 de outubro de 2026, o Auditorio Municipal de Amposta (Tarragona) acollerá unha nova edición de DeltaLand, un dos encontros técnicos de referencia para profesionais do paisaxismo, a xardinería e a arquitectura da paisaxe especializados no ámbito mediterráneo.
O programa reunirá especialistas nacionais e internacionais para abordar cuestións como a adaptación ao cambio climático, a biodiversidade, o deseño de xardíns resilientes ou a xestión sostible dos espazos verdes. Ademais das conferencias, o evento incluirá visitas técnicas e espazos de intercambio de experiencias entre profesionais do sector.
Desde AGAEXAR seguimos con interese este tipo de iniciativas, que contribúen a impulsar a formación continua, a innovación e a difusión de boas prácticas no ámbito da xardinería e do paisaxismo.
👉 Consulta toda a información sobre DeltaLand 2026, o seu programa e o proceso de inscrición na nosa páxina web.
Barcelona e Lleida acollerán o Congreso Mundial de Infraestrutura Verde 2026
Do 27 ao 29 de outubro de 2026, Barcelona será a sede do Congreso Mundial de Infraestrutura Verde (WGIC 2026), que concluirá o día 30 cunha xornada de visitas técnicas e innovación na Universitat de Lleida.
Baixo o lema «Infraestructura verde para un futuro urbano más saludable y seguro», o congreso reunirá persoal investigador, profesionais, administracións públicas e empresas de todo o mundo para compartir os últimos avances en solucións baseadas na natureza, infraestrutura verde urbana e adaptación ao cambio climático.
O encontro incluirá conferencias maxistrais, sesións paralelas, obradoiros especializados e visitas a proxectos de referencia, consolidándose como unha das principais citas internacionais dedicadas á infraestrutura verde e á renaturalización das cidades.
👉 Máis información, programa e inscricións na páxina web oficial do Congreso Mundial de Infraestrutura Verde 2026.
GaLaBau 2026 amosará as principais innovacións do sector verde europeo
Do 15 ao 18 de setembro de 2026, a cidade alemá de Núremberg acollerá unha nova edición de GaLaBau, a feira internacional de referencia para a xardinería, o paisaxismo e a construción de espazos verdes.
A edición de 2026 poñerá o foco nalgúns dos grandes retos do sector, como o deseño de espazos verdes resilientes, a adaptación ao cambio climático, a xestión eficiente da auga, a infraestrutura verde, a dixitalización e a incorporación de maquinaria e tecnoloxías máis sostibles.
Con máis de 1.100 expositores e unha previsión superior aos 60.000 visitantes profesionais, GaLaBau volverá converterse no gran escaparate europeo das últimas solucións, produtos e innovacións para o deseño, a construción e o mantemento dos espazos verdes.
👉 Máis información na web oficial de GaLaBau 2026.
Outras novidades do sector
Italia impulsa o sector ornamental cunha nova lei e un Plan Nacional específico
Italia contará cunha lexislación específica para a horticultura ornamental tras a aprobación definitiva do decreto que desenvolve a Lei 102/2024. A nova normativa establece un marco común para todo o sector e recoñece de maneira expresa aos distintos axentes que forman parte da cadea de valor, desde os obtentores e produtores ata os centros de xardinería, as empresas de xardinería e paisaxismo, a distribución e a industria auxiliar.
Entre as principais novidades destaca a creación dun Plan Nacional cunha vixencia de cinco anos, orientado a impulsar a innovación, a promoción do sector, a mellora do patrimonio vexetal e o desenvolvemento de criterios para o verde urbano. Ademais, a norma prevé a constitución dunha Mesa Técnica e dun sistema estatístico unificado que permitirá dispoñer de datos homoxéneos sobre produción, mercados e evolución do sector, favorecendo unha planificación máis eficiente.
Con esta iniciativa, Italia busca reforzar a competitividade da horticultura ornamental, impulsar o investimento e a sustentabilidade, e consolidar o recoñecemento institucional dun sector estratéxico para a economía verde.
As plantas aromáticas e medicinais contan xa cunha organización interprofesional
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recoñeceu oficialmente a Organización Interprofesional das Plantas Aromáticas e Medicinais (Interpam), que pasa a converterse no órgano de representación e coordinación do sector a nivel estatal.
Con este recoñecemento, Interpam poderá exercer as funcións previstas para as organizacións interprofesionais agroalimentarias, favorecendo o diálogo entre os distintos axentes da cadea de valor e impulsando iniciativas orientadas a mellorar a calidade, a trazabilidade, a sustentabilidade, a innovación e a competitividade do sector.
A nova entidade contribuirá tamén a reforzar a transparencia, a promoción e a adaptación da produción ás demandas do mercado, consolidando a vertebración dun ámbito con crecente relevancia dentro da economía verde.
«Conexión Verde» impulsará a sustentabilidade nos centros de xardinería
A Asociación Española de Centros de Xardinería (AECJ), Aliat, Fronda, Jardinarium e Verdecora presentaron «Conexión Verde», unha nova plataforma de colaboración que nace co obxectivo de acompañar aos centros de xardinería na súa transición cara a modelos máis sostibles, eficientes e comprometidos coa contorna.
A iniciativa porá á disposición do sector un selo propio de certificación, un decálogo de boas prácticas, materiais de apoio para os establecementos e un plan de contidos destinado a fomentar a sustentabilidade tanto entre os profesionais como entre as persoas afeccionadas á xardinería.
Ademais, a plataforma traballará para reforzar a representación do sector ante as administracións e promover a colaboración entre empresas e provedores comprometidos co desenvolvemento sostible.
Con esta iniciativa, os impulsores de «Conexión Verde» aspiran a converter os centros de xardinería en referentes de sustentabilidade e en espazos de inspiración, asesoramento e educación ambiental para a cidadanía.
Vantaxes de formar parte de AGAEXAR
Ser parte de AGAEXAR permite acceder a diferentes vantaxes e acordos que contribúen a mellorar a competitividade e o día a día das empresas do sector.
Como acceder aos servizos e vantaxes de ATA
Formar parte de AGAEXAR supón integrarse nunha rede profesional comprometida co desenvolvemento e a representación do sector da xardinería en Galicia. Ademais, como entidade asociada á Federación Española de Empresas de Xardinería (FEEJ), AGAEXAR permite que as súas empresas asociadas poidan beneficiarse do acordo de colaboración subscrito entre a FEEJ e a Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA).
Grazas a este convenio, as empresas asociadas poden acceder a unha ampla oferta de servizos, asesoramento e vantaxes exclusivas.
Ao tratarse dun acordo específico para as entidades integradas na FEEJ, o acceso a determinados servizos e descontos require acreditar a condición de empresa asociada a AGAEXAR, mediante un certificado emitido pola asociación ou o último recibo da cota aboada, segundo o procedemento establecido por ATA.
A continuación, recollemos algúns dos recursos máis utilizados.
Accede a todos os servizos de ATA
A páxina web de ATA reúne información sobre os diferentes recursos dispoñibles para persoas traballadoras autónomas, entre eles:
- Convenios e descontos.
- Formación.
- Asesoramento especializado.
- Información sobre axudas e novidades normativas.
- Recursos para a xestión da actividade profesional.
¿Necesitas realizar unha consulta?
As empresas asociadas a AGAEXAR poden formular consultas directamente a ATA a través do formulario habilitado para organizacións integradas.
Plans de pensións para persoas traballadoras autónomas
O convenio tamén permite acceder a información sobre solucións de previsión social e planificación financeira especialmente deseñadas para persoas traballadoras autónomas.
Descontos en carburante
Un dos servizos máis demandados é o acceso a condicións preferentes en carburante mediante as tarxetas MOEVE, SOLRED ou ambas.
Para solicitalas, é necesario enviar un correo electrónico a solicitudes@ata.es, indicando a tarxeta que se desexa solicitar e acreditando a condición de empresa asociada a AGAEXAR mediante un certificado emitido pola asociación ou o último recibo da cota aboada.
Unha vez recibida a solicitude, ATA remitirá a documentación correspondente para a súa cumprimentación e sinatura, preferentemente mediante certificado dixital.
Unha vantaxe máis de formar parte de AGAEXAR
O acordo entre a FEEJ e ATA, ao que AGAEXAR se adhire como entidade asociada á Federación, é un exemplo máis do compromiso da asociación por ofrecer ás súas empresas asociadas ferramentas, servizos e acordos que contribúan a mellorar a súa competitividade e facilitar a xestión diaria da súa actividade.
¿Aínda non formas parte de AGAEXAR?
Asóciate e descubre todas as vantaxes de pertencer á asociación galega de referencia para o sector da xardinería, con acceso a servizos, formación, representación institucional e acordos exclusivos como este.
Axudas para o emprendemento feminino: dúas convocatorias de interese en Galicia
Programa Emega: apoio ao emprendemento feminino en Galicia
A Xunta de Galicia mantén aberta unha nova convocatoria do Programa Emega, unha iniciativa destinada a apoiar a creación, mellora e consolidación de proxectos empresariais promovidos por mulleres.
O programa inclúe diferentes liñas de axuda adaptadas ás distintas fases do emprendemento, con incentivos para a posta en marcha de novos negocios, o impulso de empresas xa existentes, a innovación e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
As contías poden alcanzar ata os 42.000 euros, en función da modalidade solicitada e do número de postos de traballo creados ou mantidos.
📅 Prazo de solicitude: ata o 3 de agosto de 2026.
EmprendOU en feminino: axudas para emprendedoras da provincia de Ourense
A Deputación de Ourense convocou unha nova edición das axudas EmprendOU en feminino, dirixidas a apoiar o mantemento de proxectos empresariais, de autoemprego e profesionais desenvolvidos por mulleres nos concellos da provincia.
A subvención contempla unha axuda económica cun tramo fixo equivalente ao 75 % do salario mínimo interprofesional mensual, que en 2026 ascende a 915,75 euros, ademais dun posible tramo complementario en función do crédito dispoñible.
📅 Prazo de presentación de solicitudes: do 27 de xullo ao 30 de outubro de 2026.
Novidades de empresas colaboradoras
As empresas colaboradoras de AGAEXAR continúan achegando contidos e novidades de interese para o sector. Recollémolas nesta sección.
CERTIS BELCHIM
Katoun® Gold: unha solución de orixe vexetal para a xestión sostible das malas herbas
A evolución da normativa e a crecente aposta por unha xestión máis sostible dos espazos verdes están a impulsar a procura de alternativas eficaces para o control das malas herbas en parques, xardíns e outras zonas de uso público.
Neste contexto, Certis Belchim presenta Katoun® Gold, un bioherbicida de postemerxencia formulado con ácido pelargónico de orixe vexetal, rexistrado en España para o control de malas herbas, musgos e algas en espazos verdes. O produto actúa por contacto sobre a vexetación non desexada, destruíndo a cutícula das plantas e provocando a deshidratación das súas células, con resultados visibles en tan só dúas horas.
Entre as súas principais vantaxes destacan a súa rápida acción, o seu amplo espectro de actuación, a facilidade de aplicación e o seu carácter biodegradable, converténdose nunha alternativa de gran interese para profesionais e administracións que buscan solucións eficaces e respectuosas co medio ambiente.
EMAK GROUP
A automatización do xardín avanza: os robots cortacéspede Oleo-Mac marcan un novo estándar no coidado do céspede
A automatización está a transformar o mantemento dos espazos verdes, impulsando solucións cada vez máis intelixentes, autónomas e eficientes. Neste contexto, Emak presenta a gama de robots cortacéspede Oleo-Mac, unha proposta deseñada para facilitar o coidado do céspede en xardíns de ata 2.000 m², combinando precisión, conectividade e facilidade de uso.
Estes equipos ofrecen un corte automático de alta precisión, adaptándose ás diferentes condicións do terreo e garantindo un céspede uniforme cunha mínima intervención por parte da persoa usuaria. O seu deseño compacto permítelles desprazarse con facilidade por bordos, corredores estreitos e zonas complexas do xardín, proporcionando unha cobertura completa da superficie
Entre as súas principais prestacións destacan os sensores de choiva, a detección de obstáculos mediante ultrasóns e a posibilidade de xestionar o robot de forma remota a través dunha aplicación móbil, desde a que é posible programar os horarios de traballo, consultar o estado do equipo e manter o software sempre actualizado. A gama está composta polos modelos R 500i, R 1000i e R 2000i, adaptados a diferentes dimensións de xardín.
Con esta proposta, Emak aposta por unha tecnoloxía que mellora a eficiencia no mantemento das zonas verdes, optimiza o tempo de traballo e facilita unha xestión máis cómoda e sostible do xardín
GRUPO GREENS
Tecnoloxía para afrontar os retos do verán no mantemento dos espazos verdes
O verán supón un dos períodos de maior actividade para os profesionais do mantemento das zonas verdes. As altas temperaturas, a necesidade de optimizar os recursos e a realización de traballos en contornas moi diversas fan imprescindible contar con equipos capaces de ofrecer eficiencia, seguridade e fiabilidade en calquera situación.
Con este obxectivo, Grupo Greens presenta distintas solucións das súas marcas Honda, ECHO e EurekaParts, orientadas a responder a algúns dos principais retos aos que se enfronta o sector durante a tempada estival.
Manter un céspede saudable reducindo o consumo de recursos
O coidado do céspede durante o verán require estratexias que permitan conservar a humidade do terreo e mellorar o seu estado sen incrementar as necesidades de mantemento. Neste contexto, o mulching consolídase como unha das técnicas máis eficaces, xa que a herba cortada tritúrase finamente e devólvese ao terreo como materia orgánica, contribuíndo a conservar a humidade, protexer o solo e reducir a necesidade de fertilización.
Para facilitar este tipo de mantemento, Grupo Greens propón distintas solucións adaptadas ás necesidades de cada persoa usuaria. Entre elas destacan os tractores cortacéspede Honda e o novo Honda HR53M, concibido especificamente para un mulching profesional, rápido e eficiente.
Xunto a estas solucións, a gama de cortacéspedes de batería ECHO ofrece unha alternativa silenciosa, sen emisións directas e de alto rendemento, tanto para particulares como para profesionais. Os seus equipos están preparados para traballar tamén con sistema de mulching, favorecendo un mantemento máis sostible e respectuoso coa contorna.
Enerxía portátil para traballar en calquera lugar
O verán tamén multiplica as intervencións en espazos sen acceso á rede eléctrica, como leiras, eventos ao aire libre, cámpings ou explotacións agrícolas. Nestas contornas, dispoñer dun subministro enerxético fiable resulta esencial para garantir o funcionamento de ferramentas e equipos.
A gama de xeradores portátiles insonorizados Honda EU ofrece unha solución baseada na tecnoloxía inverter, capaz de proporcionar unha corrente estable e de alta calidade para alimentar tanto maquinaria como dispositivos electrónicos sensibles. O seu funcionamento silencioso, o baixo consumo e a facilidade de transporte convértenos nunha opción especialmente indicada para traballos no exterior e actividades nas que a mobilidade resulta fundamental.
Máis seguridade nos traballos de roza
Outra das prioridades durante o verán é minimizar os riscos asociados ao mantemento das marxes das estradas, zonas urbanas e espazos públicos. Para iso, Grupo Greens incorpora solucións como a rozadora antiproxeccións ECHO DTT-2100 PRO, deseñada para reducir ao mínimo a proxección de pedras e restos vexetais, así como diferentes accesorios de EurekaParts que contribúen a realizar estes traballos con maior seguridade e precisión.
Equipos preparados para os traballos máis esixentes
A campaña estival tamén incrementa as necesidades de control de pragas e de traballos intensivos en xardinería, agricultura e obra civil. Neste ámbito destacan equipos como o atomizador de mochila ECHO MB-5810, especialmente indicado para tratamentos fitosanitarios e o control de mosquitos durante os meses de maior actividade, así como a tronzadora profesional ECHO CSG-7410ES, deseñada para afrontar con fiabilidade traballos de corte sobre formigón, asfalto ou aceiro.
Con estas solucións, Grupo Greens continúa apostando pola innovación e o desenvolvemento de tecnoloxías que permiten aos profesionais afrontar con maiores garantías os desafíos do verán, mellorando a eficiencia, a seguridade e a sustentabilidade no mantemento dos espazos verdes.
ICL
ICL presenta dúas novidades para mellorar a nutrición da planta ornamental
A innovación na nutrición vexetal continúa evolucionando para responder aos novos retos da horticultura ornamental. Neste período estival, ICL presenta dúas novidades orientadas a apoiar aos profesionais do sector: por unha banda, o lanzamento de Cal-BOOST®, un fertilizante desenvolvido para os novos substratos de cultivo; e, por outra, a campaña “Cada elemento conta”, coa que pon á disposición dos produtores unha completa guía técnica para facilitar a identificación das principais carencias nutricionais na planta ornamental.
Cal-BOOST®: unha solución para os novos substratos de cultivo
A transición cara a substratos sen turba ou con menor contido de turba xa é unha realidade consolidada na produción de planta ornamental. Para responder aos retos que presentan estes novos medios de cultivo, ICL desenvolveu Cal-BOOST®, un fertilizante de liberación controlada que contribúe a compensar a inmobilización do nitróxeno e a mellorar a dispoñibilidade de calcio e magnesio, favorecendo un crecemento máis vigoroso, uniforme e resistente das plantas. A súa formulación intégrase facilmente nos programas habituais de fertilización e axuda aos produtores a afrontar con garantías a transición cara a sistemas de cultivo máis sostibles.
Micromax® Premium: cada elemento conta
A dispoñibilidade equilibrada de micronutrientes resulta esencial para conseguir plantas ornamentais uniformes, vigorosas e cun desenvolvemento óptimo ao longo de todo o ciclo de cultivo. Con este obxectivo, ICL impulsa a campaña “Cada elemento conta”, destinada a lembrar a importancia destes elementos na nutrición vexetal e a facilitar aos profesionais ferramentas prácticas para o seu manexo.
Como parte desta iniciativa, a compañía pon á disposición do sector a Guía de carencias nutricionais en planta ornamental, un documento técnico gratuíto de 24 páxinas que permite identificar visualmente os síntomas das principais deficiencias nutricionais e coñecer as solucións máis axeitadas para cada caso.
A campaña tamén destaca as prestacións de Micromax® Premium, unha gama formulada para achegar micronutrientes e magnesio desde o inicio do cultivo, favorecendo un desenvolvemento equilibrado e contribuíndo á calidade final da produción ornamental.
RAIN BIRD
Innovación e eficiencia para unha xestión intelixente da auga
A xestión eficiente da auga converteuse nun dos principais retos para os profesionais do sector verde. A necesidade de optimizar os recursos hídricos, reducir os consumos e facilitar o mantemento de xardíns, instalacións deportivas e espazos públicos está a impulsar o desenvolvemento de solucións cada vez máis intelixentes e sostibles.
Neste contexto, Rain Bird continúa ampliando o seu catálogo de tecnoloxías orientadas a mellorar o rendemento das instalacións de rega, ofrecendo ferramentas que permiten automatizar procesos, optimizar o consumo de auga e simplificar o traballo diario dos profesionais.
Automatización e control intelixente da rega
A dixitalización continúa transformando a maneira de deseñar e xestionar as instalacións de rega. Co obxectivo de simplificar a planificación dos proxectos e facilitar a súa ampliación futura, Rain Bird desenvolveu ESP-2WIRE, un sistema de control integrado pensado para instalacións pequenas, medianas e de gran tamaño.
O programador actúa como o centro de control de toda a instalación, permitindo xestionar os distintos sectores de rega desde unha única interface intuitiva. A súa arquitectura baseada na tecnoloxía de dous fíos reduce considerablemente o cableado tradicional e facilita deseños máis limpos, flexibles e escalables, especialmente en proxectos de gran extensión.
O sistema complétase cos descodificadores 2W-1, que simplifican a instalación en campo; as electroválvulas DVF e PGA, deseñadas para ofrecer un funcionamento preciso e fiable; e o sensor de caudal FG100, que permite monitorizar o consumo de auga, detectar incidencias e mellorar a eficiencia hídrica da instalación.
Ademais, grazas ao módulo LNK™2 e á aplicación Rain Bird 2.0, os responsables do mantemento poden acceder ao sistema de forma remota, supervisar o funcionamento da rega e realizar axustes desde calquera lugar, incorporando un nivel adicional de control e flexibilidade.
A solución complétase con outros dispositivos específicos, como o sistema de rega radicular RWS, pensado para favorecer o desenvolvemento das árbores en contornas urbanas, así como cos sensores de choiva WR2 e RSD-BEx, que contribúen a optimizar o uso da auga adaptando automaticamente o funcionamento da rega ás condicións meteorolóxicas.
Solucións para grandes instalacións deportivas
A rega de campos deportivos require equipos capaces de ofrecer a máxima uniformidade e fiabilidade mesmo en instalacións de grande superficie e sometidas a un uso intensivo.
Rain Bird continúa desenvolvendo solucións específicas para este tipo de espazos, incorporando tecnoloxías que permiten un control preciso da rega, unha distribución homoxénea da auga e unha xestión eficiente das instalacións.
Estas ferramentas contribúen a manter unhas condicións óptimas do terreo de xogo, reducindo ao mesmo tempo o consumo de auga e facilitando os labores de mantemento.
Tecnoloxía ao servizo dunha xardinería máis sostible
A dixitalización e a xestión intelixente da auga continúan marcando o futuro do mantemento dos espazos verdes. Neste escenario, Rain Bird aposta por solucións que combinan innovación, sostibilidade e facilidade de uso, ofrecendo aos profesionais ferramentas que lles permiten afrontar con maiores garantías os retos derivados do cambio climático e dunha xestión cada vez máis eficiente dos recursos hídricos.
RIVERSA
A tecnoloxía Soil Scout axuda a monitorizar o céspede en 13 sedes do Mundial de Fútbol 2026
A preparación dun gran evento deportivo non depende unicamente do talento dos xogadores. Detrás de cada partido existe un importante traballo de mantemento que permite que o terreo de xogo ofreza unhas condicións óptimas durante toda a competición.
Neste contexto, a tecnoloxía Soil Scout, distribuída en España por Riversa, está presente en 13 das 16 sedes que acollen a Copa Mundial da FIFA 2026, proporcionando información en tempo real sobre o estado do solo e contribuíndo a unha xestión máis eficiente do céspede deportivo.
Información en tempo real baixo a superficie
Os sensores sen fíos de Soil Scout instálanse directamente na zona radicular do céspede, onde monitorizan de forma continua parámetros fundamentais como a humidade do solo, a temperatura, o nivel de osíxeno e a salinidade.
Toda esta información transmítese en tempo real aos responsables do mantemento, facilitando a toma de decisións sobre a rega, a aireación e outras tarefas de conservación.
Unha ferramenta para optimizar os recursos
Con 48 seleccións, 104 partidos e 16 estadios repartidos entre Estados Unidos, Canadá e México, o Mundial de 2026 supón un dos maiores desafíos de mantemento de céspede deportivo afrontados ata a data.
Neste escenario, dispoñer de datos precisos sobre as condicións do terreo permite optimizar o uso da auga, anticiparse a posibles incidencias e manter unha superficie de xogo homoxénea mesmo baixo un calendario de uso intensivo.
Entre as sedes que empregan esta tecnoloxía atópanse algúns dos estadios máis emblemáticos do torneo, incluído o MetLife Stadium, que acollerá a gran final do campionato.
Innovación para o mantemento profesional
A tecnoloxía Soil Scout, desenvolvida en Finlandia, consolidouse como unha solución de referencia para a xestión profesional de superficies deportivas, ao eliminar a necesidade de realizar medicións manuais frecuentes e ofrecer información continua que facilita unha xestión máis eficiente do céspede.
Recursos de interese para o sector
ACADEMIA DEL PAISAJE
Aínda estás a tempo de incorporarte ao curso de Fotomontaxes Dixitais para Paisaxismo
Aínda que a formación xa comezou, aínda é posible incorporarse ao curso «Fotomontaxes Dixitais para Paisaxismo», organizado pola Academia do Paisaxe. As persoas que se inscriban agora recibirán a gravación da primeira sesión, o que lles permitirá poñerse ao día antes de continuar co resto da formación.
Impartido por Ignacio Ribera, xunto con Andrea Magaña e César A. García, de Matorral Estudio de Paisaje, este curso ofrece un enfoque eminentemente práctico para aprender a representar proxectos de paisaxismo mediante fotomontaxes realistas e profesionais.
Ao longo de catro sesións en directo, o alumnado traballará aspectos como o manexo de Photoshop ou Affinity Photo, a composición, a perspectiva, a integración da vexetación, a iluminación, a cor e a presentación final dos proxectos. O obxectivo é dotar ás persoas participantes de ferramentas que lles permitan comunicar as súas propostas dunha maneira máis clara, atractiva e convincente.
A formación está especialmente dirixida a profesionais, estudantes e persoas vinculadas ao paisaxismo que desexen mellorar a presentación visual dos seus proxectos, independentemente do seu nivel previo de experiencia.
As entidades e empresas vinculadas á FEEJ poden beneficiarse dun desconto especial na matrícula. Se estás interesado en realizar esta formación, ponte en contacto coa Federación e facilitarémosche o código promocional correspondente.
ACADEMIA DEL PAISAJE
Webinar gratuíto: unha mirada sensible ao deseño da paisaxe con Litoral Paisajismo
Academia del Paisaje celebrará el próximo 29 de julio un nuevo webinar gratuito protagonizado por Tamara Lipkin y Rafaela Cassarino, fundadoras de Litoral Paisajismo, un estudio argentino reconocido por desarrollar jardines que ponen el foco en la relación entre las personas, la vegetación y el lugar.
Durante la sesión compartirán su forma de entender el diseño del paisaje, basada en la observación, la escucha y la creación de comunidades vegetales que evolucionan con el paso del tiempo. A través de ejemplos de proyectos residenciales, espacios comerciales y urbanizaciones, mostrarán cómo integrar creatividad, naturaleza y funcionalidad en cada intervención.
Una oportunidad para conocer nuevas formas de abordar el paisajismo contemporáneo de la mano de dos profesionales con una trayectoria consolidada.
CONCURSO INTERNACIONAL DE PAISAXISMO IBERFLORA 2026
Iberflora convoca a primeira edición dos Premios Paisaxista para deseñar o Foro Norte
Iberflora continúa reforzando a súa aposta polo paisaxismo coa convocatoria da I Edición dos Premios Paisaxista, un concurso que nace co obxectivo de recoñecer o talento creativo e poñer en valor o deseño de espazos verdes como elemento protagonista dentro da feira.
A iniciativa seleccionará o proxecto encargado de deseñar e ambientar o Foro Norte, un dos espazos máis representativos de Iberflora, mediante unha proposta que combine creatividade, funcionalidade, sostibilidade e o uso de especies vexetais adaptadas ao clima mediterráneo.
Unha oportunidade para profesionais e novos talentos
A convocatoria está aberta a paisaxistas, estudos de deseño, empresas de xardinería, arquitectos, deseñadores de interiores e exteriores, estudantes de grao e mestrado en Paisaxismo, así como a equipos multidisciplinares que desexen presentar unha proposta innovadora.
O proxecto gañador recibirá un premio de 3.000 euros, ademais dun trofeo e un diploma acreditativo. Así mesmo, será o encargado de desenvolver e executar a proposta seleccionada mediante un contrato cun orzamento máximo de 15.000 euros, destinado a cubrir a produción, a montaxe, o mantemento do espazo durante a feira e a súa posterior desmontaxe.
En conxunto, a iniciativa representa unha oportunidade profesional valorada en 18.000 euros.
Os proxectos finalistas tamén terán protagonismo
Un dos aspectos máis atractivos desta convocatoria é a visibilidade que obterán as propostas seleccionadas. Os cinco proxectos finalistas serán expostos durante a celebración de Iberflora, permitindo que milleiros de profesionais do sector coñezan o traballo desenvolvido polas súas autorías.
O xurado valorará especialmente a creatividade, a innovación, a sostibilidade, o impacto visual do deseño e a viabilidade técnica de cada proposta.
Últimos días para presentar candidaturas
As propostas deberán presentarse de forma electrónica a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, incluíndo a memoria descritiva, a documentación gráfica do proxecto e o cronograma de execución.
O prazo para presentar candidaturas remata o vindeiro 29 de xullo, polo que as persoas interesadas aínda están a tempo de participar nesta primeira edición dos Premios Paisaxista.
A innovación, a creatividade e o talento seguirán sendo protagonistas en Iberflora 2026. Desde AGAEXAR animamos a todos os profesionais do paisaxismo e da xardinería a aproveitar esta oportunidade para dar visibilidade aos seus proxectos e contribuír ao futuro do sector verde.

Comentarios recientes