658 081 269 info@agaexar.gal

Informe inicio da Campaña para o Tratamento experimental de Distribución de Cepas Hipovirulentas Outono-Inverno 2020

Principais liñas de actuación.

A Consellería do Medio Rural, a través da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (SEAGA), traballa no desenvolvemento do PROGRAMA DE LOITA BIOLÓXICA PARA O CONTROL DO CANCRO DO CASTIÑEIRO provocado polo fungo ascomiceto Cryphonectria parasita.

O Programa de Loita Biolóxica para o Control do Cancro do Castiñeiro conta con dúas liñas principais de actuación:

1.Inoculacións de cepas hipovirulentas (hv) ; As cepas hv inoculadas nun cancro activo poden producir a cicatrización do mesmo, o virus pode pasar dunha cepa hipovirulenta a outra virulenta grazas á anastomosis hifal, mecanismo polo que un fungo intercambia información con outro co que entra en contacto sempre que sexan compatibles. Unha vez que a hipovirulencia se establece nunha árbore, as esporas hipovirulentas desprázanse a outras árbores. Para que a súa distribución sexa homoxénea, realizáronse inoculacións segundo unha distribución por cuadrículas por toda Galicia. No que vai de ano 2020 realizáronse 10.189 inoculacións.

2.Seguimento de pés inoculados; có fin de ter unha valoración do tratamento realizado levase a cabo un seguimento “de visu” de árbores inoculadas en anos anteriores.

 

Inoculacións no ano 2020

No primeiro semestre do ano 2020 realizáronse 10.189 inoculacións repartidas polas 4 provincias galegas.

Despois do parón nos meses estivais, prevese realizar un total de 10.515 inoculacións na campaña que está a comezar.

Na páxina web da Consellería do Medio Rural: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/forestal/sanidade-forestal atópase a solicitude de tratamento, para participar no programa de dispersión das cepas hv, que se pode presentar en:

Xefaturas territoriais.

Servizos Provincias de Montes.

Oficinas dos Distritos Forestais.

Oficinas Agrarias Comarcais.

Ou no corro electrónico: sanidadeforestal.cmrm@xunta.gal

Plano de inoculacións no primeiro semestre do 2020 sobre as cuadrículas de distribución homoxénea de cepas hipovirulentas.

Seguimentos no ano 2020

Os seguimentos permiten coñecer a eficacia do tratamento realizado. Neste senso establécense dúas liñas de traballo:

1)Seguimento en campo de pés inoculados: seleccionáronse 5000 pés inoculados dende o ano 2011, no que se comezou a realizar o tratamento, repartidos por diversos concellos da xeografía galega. Farase un seguimento de “visu” no que se valorará con distintos parámetros a eficacia do tratamento realizado:

Lonxitude do cancro (cm).

Ancho do cancro (cm).

Estado do cancro: Activo(A), Cicatrizado(C), Activo-Cicatrizando (A-C), Morto-Cortado(M).

Estado do pé: presencia de picnidios, fendas, micelio, ramas secas…

Orientación do cancro no tronco: Norte (N) ou Sur (S).

 

2)Desenvolvemento e seguimento en campo de novas inoculacións: vanse establecer parcelas fixas en diferentes localizacións para iniciar un ensaio completo de inoculación. Esas parcelas han de cumprir os seguintes requisitos:

Pés homoxéneos en idade.

Que haxa un mesmo número de pés con cancro que sen cancro.

Que haxa un mesmo número de pés inoculados que sen inocular.

Pés non anelados.

Pé con diámetro normal entre 30 e 40 cm.

Localizacións con tradición na recolección de castaña.

Nestas parcelas faranse visitas con periodicidade semestral, levarase a cabo un seguimento dos pés individuais (mesmos parámetros que no caso anterior) e da parcela en xeral (realización de podas, tratamentos con sulfatos, outras enfermidades, pragas…) o que permitirá coñecer o grado de dispersión da cepa hv e o seu comportamento. Nestes momentos estase traballando na elección e establecemento destas parcelas no concello de Folgoso do Courel. A semana do 23 ó 27 de novembro faranse tratamentos e seguimentos nos seguintes concellos: