A AXENCIA TURISMO DE GALICIA ven de publicar no DOG de hoxe as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21, e se establece a súa convocatoria para o 2021 (código de procedemento TU985D).
Persoas beneficiarias
- Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia21.
- Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas que xa resultaran beneficiarias na primeira edición do Bono turístico.
Obxecto e réxime
Establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21. Este bono turístico consistirá dunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2 (código de procedemento TU985D).
Bases reguladoras
Resolución do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e se establece a súa convocatoria para o 2021 (código de procedemento TU985D).
Importe
- O Bono turístico #QuedamosenGalicia21 concíbese como unha tarxeta prepagamento de carácter persoal e intransferible, financiada entre o solicitante e a Administración autonómica. O importe total da tarxeta será financiado polo beneficiario nun 40 %, cun importe máximo de 200 euros, e contará cunha achega complementaria da Administración autonómica do 60 %, cun importe máximo por tarxeta de 300 euros.
- A persoa solicitante poderá elixir entre tres importes da tarxeta prepagamento:
- As persoas beneficiarias deste programa, resolto o procedemento descrito nestas bases e realizado o copagamento, recibirán una tarxeta co importe total para o seu uso, nos servizos e produtos das empresas adheridas a este.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución ata o dia 1 de novembro de 2021 (incluído).
Vixencia do programa
- Este programa estará vixente ata o 15 de decembro de 2021, incluído, data ata a que os beneficiarios da tarxeta prepagamento poderán realizar pagamentos nos establecementos adheridos a este.
- As tarxetas están sometidas a caducidade e, con carácter xeral, non poderán ser usadas máis aló do 15 de decembro de 2021.
- Se a persoa beneficiaria da tarxeta non esgota o seu saldo antes do 16 de decembro de 2021, perde todo o dereito sobre el.
Máis información
Comentarios recientes