A seguridade non é unha opción: é unha responsabilidade diaria para calquera profesional que traballa en altura.
No sector da xardinería onde moitas tarefas implican traballos en zonas elevadas, contar coa formación axeitada marca a diferenza entre facer ben o traballo… e facelo con seguridade.
Neste contexto, desde AGAEXAR seguimos traballando en colaboración con entidades como Quirón Prevención, co obxectivo de achegar formación útil e adaptada ás necesidades reais das empresas asociadas.
Como parte desta liña, compartimos unha nova oportunidade formativa en prevención de riscos laborais centrada nos traballos en altura, unha disciplina clave para reducir incidencias e mellorar as condicións de traballo.
Trátase dun curso teórico-práctico de 8 horas de duración (3 horas teóricas e 5 prácticas), que se impartirá en modalidade presencial en Redondela o vindeiro 30 de abril.
Unha formación pensada para profesionais que desenvolven tarefas con risco en altura e que buscan reforzar —– e boas prácticas no seu día a día.
📍 Lugar: Verticalia (Redondela)
🕒 Horario: de 07:00 a 15:00
💰 Coste: 195 € por asistente
Actualmente aínda quedan algunhas prazas dispoñibles e o prazo para a xestión e posible bonificación do curso está aberto durante estes días.
Existen tamén convocatorias deste tipo de formación nas outras provincias de Galicia en diferentes datas.
📩 Para máis información ou inscrición, podes contactar co teu técnico de referencia de Quirón Prevención ou no seguinte correo: carolina_ribeiro@quironprevencion.com
👉 Se o prefires, tamén podes trasladarnos o teu interese e desde AGAEXAR e poñémosche en contacto.
Comentarios recientes