658 081 269 info@agaexar.gal

O futuro da xardinería é sen cables nin límites. O vindeiro 20 de setembro, AGAEXAR, en colaboración con EGO, convídante a unha xornada única en Vigo para coñecer en directo a tecnoloxía a batería que está a transformar o sector.

As persoas asistentes poderán descubrir as vantaxes das ferramentas EGO e gozar dun agasallo de benvida, sorteo e brunch a media mañá nun ambiente profesional.

📅 Data e hora: 20 de setembro, de 8 a 14 h
📍 Lugar: Tenda Píntega, Baixada Gándara 6, Coruxo-Vigo

📩 Para inscribirse, só é necesario enviar un correo a asociados@agaexar.gal indicando nome, apelidos e empresa.

👉 E lembra: se decides asociar a túa empresa antes da xornada, contarás cun plus de desconto exclusivo, ademais de todas as vantaxes de formar parte de AGAEXAR.