Noticias
AGAEXAR participará desde mañá na Feira de Cultivos do Baixo Miño
A conta atrás xa remata 🌱
Mañá arranca en Goián a XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño, unha das grandes citas do sector verde galego, que volverá reunir durante tres días empresas, profesionais, innovación e divulgación arredor do viveirismo, a xardinería e o paisaxismo. AGAEXAR estará presente cun expositor propio neste encontro clave para seguir conectando e impulsando o sector en Galicia.
Allariz inaugura os seus “Xardíns da liberdade”
AGAEXAR participou na inauguración da XVI edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, unha cita internacional que converte Galicia nun punto de encontro entre paisaxe, creatividade e sustentabilidade.
Últimas prazas nos cursos gratuitos de FEMXA para o sector medioambiental
A formación especializada e a sustentabilidade continúan gañando protagonismo no sector da xardinaría. FEMXA mantén abertas as últimas prazas gratuítas dirixidas a profesionais do ámbito medioambiental.
Replantear o rego urbano: cando a eficiencia vai máis alá do goteo
As cidades demandan sistemas de rego cada vez máis eficientes, sostibles e fáciles de manter. As boquillas MP Rotator de Hunter propoñen unha alternativa práctica ao rego por goteo en determinados espazos urbanos, combinando aforro de auga, cobertura uniforme e menor complexidade de mantemento.
Allariz abre as portas aos “Xardíns da liberdade”
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz inaugura este 16 de maio a súa XVI edición baixo o lema “Xardíns da liberdade”, convertendo unha vez máis o municipio ourensán nun referente internacional de paisaxismo, innovación e natureza. AGAEXAR participa activamente neste encontro do sector verde, colaborando coa organización e formando parte dun proxecto que une creatividade, sustentabilidade e excelencia paisaxística.
⚠️ Actualización: a XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño celebrarase do 22 ao 24 de maio
A organización da XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño vén de anunciar o cambio de datas do evento debido ás previsións meteorolóxicas adversas. A feira celebrarase finalmente os días 22, 23 e 24 de maio en Goián.
Asemblea Xeral da FEEJ: análise do sector e novidades para 2026
A Federación Española de Empresas de Xardinaría (FEEJ) celebrou a súa Asemblea Xeral abordando os principais retos do sector e avanzando as liñas de actuación para 2026.
Revista dixital AGAEXAR – Abril 2026
A primavera avanza e o sector da xardinería continúa en movemento. Nesta segunda edición da Revista Dixital de AGAEXAR achegamos unha selección de contidos útiles, formación e novidades de interese.
O Campionato Nacional de Trepa de Árbores 2026 reúne en San Sebastián ao sector arborista
San Sebastián acolle os días 1 e 2 de maio o Campionato Nacional de Trepa de Árbores 2026, un encontro clave para a arboricultura que combina competición, formación e divulgación








